🎭 Falece Moncho Rodríguez, pioneiro e figura fundamental da historia do teatro galego

“Moncho Rodríguez naceu en Vigo no seo dunha familia acomodada que, con tres anos, o levou para o Brasil, onde o seu pai, enxeñeiro industrial, montaba fábricas. Desde moi cedo sentiu a chamada do teatro -segundo declarou algunha vez, despois de ver unha representación do Don Juan Tenorio- estudando arte dramática, facendo parte de grupos profesionais, realizando investigacións teatrais e mesmo participando na creación da primeira publicación especializada do nordés brasileiro. Xa na Galiza, Rodríguez foi un dos principais valedores da primeira sala teatral privada, a Sala Carral de Vigo, xestionada pola compañía Artello de 1978 a 1980 (…)”.

Máis información en Nós Diario: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/falece-moncho-rodriguez-pioneiro-do-teatro-galego/20230130153839161274.html

Tamén amigo de Ponte…nas Ondas!, entre os moitos proxectos cos que se comprometeu está o encontro de teatro lusófono Ponte na… Escena

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here