Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Ponte...nas ondas! impulsa xunto con máis de 50 asociacions de toda Galicia a Rede do Patrimonio Cultural

En marcha unha plataforma que porá en valor o noso patrimonio común con Portugal.

Na rede do Patrimonio

Ponte...nas ondas! está impulsando xunto con máis de 50 entidades a Rede de Patrimonio Cultural de Galicia. Unha rede que nace coa vontade de colaborar na defensa do noso patrimonio cultural e na posta en valor das súas expresións e manifestacións. A súa constitución tivo lugar o pasado sábado 3 de xuño no Museo do Pobo Galego onde 33 asociacións presentes ratificaron o acordo fundacional da Rede.

 

 

Os Premios Lois Peña Novo recoñecen o labor de Ponte...nas Ondas!

Fallados os Premios da Fundación Lois Peña Novo pola normalización da lingua galega na súa XXIII edición, o xurado quixo recoñecer nesta ocasión o traballo da maxistrada Sandra Piñeiro, do biólogo Xurxo Mariño e da asociación cultural e pedagóxica Ponte...nas Ondas!

Agradecidos ao xurado dos premios Peña Novo por este recoñecemento! Unha grande honra ser escollidos polo traballo desenvolvido ao lado de persoas e entidades que defenden e transmiten o noso patrimonio máis prezado: a lingua. O premio é para todos os centros educativos, para o alumnado, para o profesorado e para as persoas e asociacións que fan que o noso patrimonio se manteña vivo nas voces das novas xeracións. Parabéns tamén a Xurxo Mariño e a Sandra Piñeiro por este premio. O día 29 de xuño vémonos en Soutomaior!

 

Ponte…nas ondas! no XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, celebrou o sábado 27 de maio en Narón  o décimo primeiro Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Nas instalación do CPI do Feal reuniron cerca de 500 persoas, entre nenos, nenas e maiores procedentes de 11 escolas da zona.

A Asociación Ponte…nas ondas! que é socia da Rede asistiu coma convidada a esta festa da tradición lúdica.

 

 

Ponte...nas Ondas! presenta a súa experiencia no Brasil

  • Os organizadores salientan que a práctica pedagóxica intercultural de PNO ! merece ser divulgada a educadores de todo o mundo
  • A asociación galego-portuguesa intercambiará experiencias con  expertos de diferentes países
  • A diversidade cultural e a reflexión sobre prácticas para a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria están entre os eixos deste encontro internacional

O XIX Congreso Mundial de Educadores e Educadoras vai desenvolverse do 11 ao 13 de abril na Universidade Estadual de Campinas – UNICAMP, no Brasil. No evento van participar entre 600 a 800 educadores do Brasil e de todo o mundo baixo o lema : EU SOU PORQUE NÓS SOMOS.

 

curso radio online20

Día Mundial da Radio 2015

dia mundial radio entroido2015

Especial 20 anos

banner web 20anos

XX anos nas ondas

bibliotecas vivas

tesouros vivos

campusculturae

grundvitg

O Xurado do VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa falla os premios

O Xurado do VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa falla os premios

O VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa, convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ond... Ler máis...
500 XOVES BRINCARON EN MELGAÇO NO V ENCONTRO DOS XOGOS TRADICIONAIS

500 XOVES BRINCARON EN MELGAÇO NO V ENCONTRO DOS XOGOS TRADICIONAIS

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! co apoio da Câmara Municipal de Melgaço, a colaboración da Axencia Euro...

Ler máis...
XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

 

XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

Dentro da campaña pola inscrición na Lista Representativa da UNESCO do Patrimonio I...

Ler máis...
Xornada de comunicación

Xornada de comunicación

Ponte...nas ondas! é o nome que recibe a xornada de comunicación interescolar que no ano 1995 nacía nas beiras do Miño promovi...

Ler máis...

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas