Acompañamos a Xurxo Souto na presentación do seu novo libro

Hai ben pouco cruzabamos do verán ao outono cunha nova edición en Vigo, a terceira, das Xornadas do Mar, un evento que tivo como convidado na xornada inaugural a Xurxo Souto, quen con “Un océano para terrícolas”, agasallounos co seu relatorio sobre a ampla riqueza léxica da lingua galega en relación co mar, a pesca e a navegación.

Desta volta, o autor e divulgador visita outra vez Vigo para contarnos do seu novo libro ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’. Unha novela que, como relataba en entrevista para o Sermos Galiza, parte de dúas teses: “A primeira, Vigo e A Coruña son a mesma cidade; a segunda, rescatar o papel das mulleres no mar”, ademais de sinalar ese mar como “único futuro” para Galiza. “A voz narradora sinala que todo no mar é música. Ben interpretada está nesta novela, con exactas e poderosas palabras pois os libros serven para asomarnos ao misterio dos que somos: abofé que así é”, escribiu tamén o crítico Ramón Nicolás sobre a obra.

A cita con Xurxo Souto será o venres 9 de novembro ás 20:00 horas no Liceo de Bouzas, en Vigo.

Canda el estarán a eurodeputada Ana Miranda, veciña do barrio, e Xerardo Feijoo en representación da Asociación Ponte…nas Ondas!

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here