Entroido en directo dende Gondomar

Radio PNO

Día Mundial da Radio

Nas Ondas do Entroido

O entroido en directo

IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)

IES Salvaterra - (Salvaterra do Miño)

Entroido no CEP Carlos Casares  (Salvaterra)

Ver máis vídeos

Ver máis vídeos

Ver máis vídeos

Vídeos do día Mundial da Radio

Día Mundial da Radio

Nas Ondas do Entroido 2015

Ponte...nas ondas! celebra o Día Mundial da Radio acolléndose á proposta da UNESCO que dedica esta edición á relación da xuventude coa radio.

Ponte...nas ondas! promoveu no pasado ano o Manifesto das Radios Escolares que se fixo público o 13 de febreiro de 2014 con motivo do Día Mundial da Radio. O manifesto, apoiado por radios escolares de España, Portugal, Colombia, Brasil e Chile, reivindicaba unha canle de emisión e un apoio para estas iniciativas de comunicación que fomentan a participación dos xoves.

 

A UNESCO dedícalle a celebración deste Día Mundial da Radio á xuventude e á radio e promove unha serie de accións destinadas a darlle visibilidade á participación da xuventude na radio.

 

Ponte...nas ondas! vén promovendo o emprego da radio nas escolas como unha potente ferramenta pedagóxica para que o alumnado desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.

 

 

Ponte...nas ondas! foi pioneira en demostrar as posiblidades comunicativas da Radio Escolar tanto no Ensino Primario coma no Secundario e Universitario, constituíndo un eixo transversal e vertebrador onde conflúen todas as áreas do ensino complementando e completando dun xeito eficaz o labor realizado dentro das aulas.

 

A radio é o medio da oralidade, o medio que máis contribúe a mellorar a competencia oral e comunicativa. É fundamental que a xuventude desenvolva estas capacidades na escola, nos medios de comunicación e nas redes sociais.

 

A UNESCO instituíu o día 13 de febreiro como Día Mundial da Radio e neste 2015 o tema é “ a xuventude e a radio “. Para Ponte...nas ondas! é unha unha boa oportunidade para convidar aos centros educativos da Eurorrexión a participar nesta festa da comunicación radiofónica.

 

Coincide ademais co ciclo do Entroido, unha das manifestacións máis representativas do patrimonio inmaterial galego-portugués que pretendemos que sexa inscrito na Lista Representativa da UNESCO.

Por esta razón, propomos que a celebración sirva de ponte entre a radio e o entroido, facendo do día 13 unha data para reivindicar a radio nas escolas e o noso patrimonio común.

 

 

A directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, di:

 

"A xuventude non está suficientemente representada nos medios de comunicación, e esta exclusión é con demasiada frecuencia un reflexo da súa exclusión social, económica ou democrática. Os xoves produtores ou difusores son aínda pouco numerosos. Escasean tamén os programas dedicados á xuventude e as emisións elaboradas por xoves. Este déficit explica os numerosos estereotipos sobre os xoves que circulan nos contidos editoriais e nas ondas.

A radio ofrece medios para o cambio.

É un vector de cohesión, de educación e de cultura."

 

http://www.diamundialdelaradio.org

 

Ponte...nas Ondas !

Organiza

Ponte...nas Ondas !

Deseño e programación K12 Comunicación

Imaxe entroido cabeceira de Alfredo Miguel Romero Licencia CC