PNO TV

Radio PNO

Día Mundial da Radio

A Radio en tempos de desastre e emerxencia

Día Mundial da Radio

A radio e nós

Cada persoa ten unha experiencia única coa radio, un medio de comunicación que chega ao século XXI con novas posibilidades e con máis forza, se cabe, que noutras épocas.

A UNESCO declarou en 2012, a instancia da Academia da Radio de España, o Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, data da creación da Radio das Nacións Unidas en 1946. Desde entón cada ano hai unha temática abordada en cada celebración. A última foi a relación da radio coa xuventude. Neste sentido desde a Asociación Ponte…nas ondas! celebrouse este recoñecemento que viña ao encontro de dúas décadas de radio interescolar impulsadas por esta asociación.

 

 

Neste ano 2016  a proposta a abordar é A RADIO EN TEMPOS DE DESASTRE E EMERXENCIA.  A radio é o medio de comunicación de máis fácil acceso e o máis empregado en todo o mundo. Trátase do medio máis capilar, de máis penetración mesmo en comunidades remotas e marxinadas. Nos casos de emerxencia e conflito, desgraciadamente frecuentes na sociedade actual, a radio é unha axuda fundamental para atender as necesidades máis inmediatas e mesmo chegando a salvar vidas.

O poder informativo da radio e a súa repercusión social é cada vez máis importante contribuíndo a ser un piar fundamental da liberdade de expresión e do dereito á información.

 

Por esta razón, propomos que a celebración sirva A radio chega ao século XXI reiventándose nos seus formatos aproveitando a aparición de novos medios como Internet. A radio 2.0 é xa unha realidade e o “radiovisual”  ( que Ponte…nas ondas!  inventou na presentación do libro-disco NA PONTE ) é xa unha realidade. A radio faise máis viva e visible, os Podacast para consumo “individualizado” son xa tendencia imparable e os novos aparellos reprodutores están xa nas pantallas dixitais.

Fai radio con nós !

 

http://www.diamundialdelaradio.org

 

Ponte...nas Ondas !

Organiza

Ponte...nas Ondas !