Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

E-mail Print PDF

 

XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

Dentro da campaña pola inscrición na Lista Representativa da UNESCO do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, Ponte…nas ondas! realiza unha das actividades que ao longo de once anos pasados mostrou o potencial deste patrimonio nas súas diversas edicións: a Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa.

 

No ano 2002, no mesmo espazo  escénico, realizábase a primeira Mostra, como un dos actos de arranque do proceso da Candidatura á UNESCO que en 2004 presentaría Ponte…nas ondas! Naquela edición xuntáronse fundamentalmente músicos de Galicia e do Norte de Portugal. Desde entón, este evento foi acollendo narradores orais, portadores/as de expresións tradicionais e artistas que teñen na oralidade galego-portuguesa a súa fonte de inspiración.  Vigo, Paredes de Coura, Pontevedra, Melgaço, O Porriño ou A Guarda foron algunhas da localidades que acolleron a Mostra. Tamén participaron persoas da oralidade e da música de Portugal, Brasil, Angola, Monçambique e Galiza como  Amélia Muge, Vozes da Rádio, Cantares do Minho, Augusto Canário, Socorro Lira, Alberto Mbundi,  Timbila Muzimba, Xistra, Uxía, Mini e Mero, Mercedes Peón, etc.

A Mostra da Oralidade é un evento que reune as voces do patrimonio inmaterial galego-portugués concebido para transmitir ás novas xeracións as expresións contemporáneas desta cultura común. Nela xúntanse as persoas portadoras das manifestacións da cultura tradicional con artistas que basean o seu traballlo creativo na oralidade.

RE-TRANSMITIR O PATRIMONIO

Ponte...nas ondas! vén realizando ao longo de dúas décadas un labor de difusión e transmisión deste patrimonio común mediante diversas actividades como a xornada da comunición interescolar que ten na retransmisión radiofónica o seu principal medio de levar ás aulas estas expresións orais.

Esta XII edición da Mostra da Oralidade  é un evento dirixido aos máis novos para que teñan a oportunidade de escoltar baixo diferentes voces as palabras do seu patrimonio común. A narración oral, os cantos, as danzas, a música, os xogos de lingua e o teatro popular son algúns dos contidos que grupos galegos e portugueses desenvolverán no auditorio Afundación de Vigo.

O compositor e intérprete Xoán Curiel será o encargado de realizar un percorrido pola voces da lusofonía e achegará contos e cancións de diferentes países que comparten este patrimonio común.

O músico e actor galego Paco Nogueiras centrará a súa intervención nas celebracións anuais  ( Entroido, San Xoán, Romarías, Samaín, Nadal ) e nos xogos populares interpretando cancións cunha ampla variedade de ritmos.

A Associaçao Cultural Fértil, de Povoa de Varzim, realizará unha teatralización de diversas historias e contos tradicionais portugueses. Fértil está especializada no traballo educativo, artístico e antropológico.

O grupo Migallas, un dos veteranos na expresión oral en galego, interpretarán temas con xogos de lingua e contarán relatos e adiviñas da cultura tradicional común.

 

ESCOLAS

A esta actividade asistirán centros educativos de Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço, Salvaterra de Miño, Nigrán e Vigo.

Día: 25 de novembro de 2014

Hora: 11.30 hs.

Lugar: Auditorio AFUNDACIÓN  ( Marqués de Valladares s/n ). Vigo

 

 

Suite Na Ponte

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas