Encontro Luso-Galaico de Radios Alternativas

PONTE…NAS ONDAS! participa no Encontro Luso-Galaico de Radios Alternativas o 1 e 2 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense da Universidade de Vigo.

A UNESCO dedicou o pasado Día mundial da radio de 2014 á xuventude e á radio. Os seus obxectivos coinciden co labor que Ponte…nas ondas! vén realizando desde hai máis de vinte anos. A directora xeral, Irina Bokova, manifestou:

” A xuventude non está suficientemente representada nos medios de comunicación, e esta exclusión é con demasiada frecuencia un reflexo da súa exclusión social, económica ou democrática. Os xoves produtores ou difusores son aínda pouco numerosos. Escasean tamén os programas dedicados á xuventude e as emisións elaboradas por xoves. Este déficit explica os numerosos estereotipos sobre os xoves que circulan nos contidos editoriais e nas ondas.

A radio ofrece medios para o cambio.

É un vector de cohesión, de educación e de cultura. ”

A radio é unha alternativa para a comunicación e a expresión da xuventude. As radios alternativas cumpren unha función fundamental para darlle voz ás persoas e constitúen un piar esencial para a libertade de expresión.

Aí estamos, nas ondas alternativas !

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here