Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Obradoiros 'Escolas nas Ondas': No Colexio Virxe da Luz, en Portomarín

Correo electrónico Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Siguiente

Desta volta, na viaxe a Portomarín o pasado 16 de novembro, houbo a sorte de facer o obradoiro con poucos rapaces e rapazas, o que nos permite moito máis tempo para adicar a cada tema. Estivemos un bo anaco practicando lecturas dramatizadas.

E nótase que unha vez pasado o medo inicial, os alumnos sóltanse….  e anímanse a participar. Practicamente tentando esconder a vergoña nalgún lugar fora da aula. Foron quen de practicar co Audacity, e quedaron pendentes de rematar o podcast ao longo da semana.

 

 

Foron moi traballadores e curiosos, anímanse a preguntar, e iso fai ó obradoiro moito máis dinámico. Leveime algunha sorpresa, moi positiva….

Agradecerlle á directora e ao titor, a súa dispoñibilidade, e o seu traballo cos rapaces.  Todo foron facilidades para que os nenos puidesen practicar e traballar neste taller.  Lévome un bo recordo de Portomarín, e grandes amigos, aínda que pequenos en idade…

Unha aperta grande para o CEIP Virxe da Luz de Portomarín. Podedes escoitar aquí un exemplo do que fixeron.

 

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas