Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

As bibliotecas vivas

FALAN AS BIBLIOTECAS VIVAS

Correo-e Imprimir PDF

as_bibliotecas_vivas

O 26 de maio Ponte...nas ondas ! realizou no Museo do Verbum de Vigo a primeira Biblioteca Viva do patrimonio cultural galego-portugués.   Unha xornada á que estiveron convidados os centros educativos da Eurorrexión ata completar o aforo.  

A xornada estivo conducida polo actor e narrador oral Avelino González e pola portuguesa Helena Faria.

 

Os tesouros vivos - As Bibliotecas vivas

Correo-e Imprimir PDF

As BIBLIOTECAS VIVAS chegan a Vigo da man da Asociación Xandobela e coa colaboración de Ponte...nas ondas! 

OS TESOUROS VIVOS emerxen na Casa das Palabras e ofrecen aos máis novos os seus saberes e as súas experiencias. Esta é a unha das formas de transmisión do patrimonio inmaterial galego-portugués que Ponte...nas ondas! está a levar a cabo desde hai anos. 

 

As Bibliotecas Vivas no Verbum

Correo-e Imprimir PDF
bibliotecasvivas_verbumDa man de Xandobela, chega a primeira Biblioteca Vivente : 'Os Tesouros Vivos'

Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Todos somos potenciais Libros e Lectores.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas