Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

PONTE...NAS ONDAS ! ACREDITADA POLA UNESCO COMO ONG CONSULTORA DO PATRIMONIO INMATERIAL

Correo-e Imprimir PDF

Normal 0 21 false false false ES-TRAD JA X-NONE

Na 10ª sesión do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial  da UNESCO celebrada en Windhoek ( Namibia ) do 30 de novembro ao 4 de decembro, Ponte...nas ondas! converteuse na primeira entidade galega en ser acreditada como asociación consultora do patrimonio inmaterial. A aprobación definitiva realiarase na próxima asemblea xeral prevista para xuño de 2016.


A Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial recolle no seu artigo 11b que os Estados deberán contar coa participación das Asociacións para a identificación, salvaguarda e definición do patrimonio cultural inmaterial.

Para conseguir a acreditación da UNESCO, as ONGs deberán ter probada competencia, coñecementos especializados e experiencia na salvagarda do patrimonio inmaterial. Ademais, demostrarán ter como mínimo acreditados catros anos de actividades e presentarán unha descrición das experiencias en materia de cooperación coas comunidades, os grupos e os profesionais do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial).

Unha vez presentado o expediente na Secretaría da UNESCO, verifícase toda a documentación e apróbase o seu envío ao Comité Intergobernamental. Este comité somete os expedientes á aprobación e á súa vez, envíaos á Asemblea Xeral que ratifica a conformidade das recomendacións do Comité. O expediente de PNO! foi informado pola Secretaría positivamente, resultou aprobado polo Comité e próximamente será refrendado na seguinte Asemblea Xeral que terá lugar en xuño de 2016.

EQUIPO SOLVENTE

A asociación Ponte…nas ondas! está integrada maioritariamente por profesorado de ensino público ( escolas, institutos e universidades ) de Galiza e do Norte de Portugal. Desde hai 20 anos vén desenvolvendo un labor de transmisión e posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués no ámbito educativo e tamén no cultural cunha importante actividade pública de promoción e recoñecemento deste patrimonio.

Ademais, conta con destacados especialistas no ámbito do patrimonio inmaterial que defenden a existencia do patrimonio común galego-portugués e que veñen realizando tareas de estudo e investigación en diversos eidos relacionados con esta cultura común:

COÑECEDORES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

PNO! foi a asociación promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO, a primeira multinacional nacida a partir de centros educativos. Ademais, contou co consentimento e participación de gran número de comunidades de portadores como as asociacións integradas na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, as comunidades de montes e baldíos de Galiza e do Norte de Portugal, facultades universitarias, concellos, asociacións de artesáns ou de músicos tradicionais...

O patrimonio oral galego-portugués é un referente universal na cultura pois a lírica medieval nacida desde unha tradición oral común é estudada e divulgada en diversas universidades de todo o mundo. Este patrimonio oral mántense vivo na actualidade e presenta unha unidade estrutural que perseverou a pesares da fronteira política establecida polos Estados.

HOMENAXE ÁS PERSOAS E COMUNIDADES PORTADORAS

Normal 0 21 false false false ES-TRAD JA X-NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:12.0pt; font-family:Cambria; mso-ascii-font-family:Cambria; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-hansi-font-family:Cambria; mso-hansi-theme-font:minor-latin;}

Precisamente, o 25 de novembro, coincidindo co 10 aniversario da presenza do patrimonio inmaterial galego-portugués na sede da UNESCO en París, Ponte...nas ondas!  celebrou a GALA DO PATRIMONIO no Teatro Municipal de Tui. Unha acto de recoñecemento ás persoas anónimas e ás comunidades que manteñen vivo o legado patrimonial a ambos lados da fronteira e que se sinten orgullosas de compartir unha cultura común.

 

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas