Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

CONVOCATORIA - DÍA MUNDIAL DA RADIO

Correo-e Imprimir PDF

CONVOCATORIA

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca aos centros educativos galegos e portugueses de calquera outra procedencia, a participar no Día Mundial da Radio o vindeiro 13 de febreiro de 2016.

No ano 2011, a UNESCO, proclamou o 13 de febrero como “Día Mundial da Radio” conmemorando o día no que as Nacións Unidas crearon a Radio das Nacións Unidas no ano 1946.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! tivo sempre como un dos seus obxectivos primordiais a difusión da Radio Escolar porque consideramos que é unha ferramenta sinxela, barata e de doada implantación nos centros escolares, ao mesmo tempo que unha potente ferramenta didáctica con múltiples aplicacións e infinitas posibilidades na vida diaria das escolas. A chegada dos modernos medios de comunicación, INTERNET, redes sociais así como a aparición de adiantos tecnolóxicos, telefonos móbiles, ordenadores, tabletas, gravadoras e reproductoras de son, non restaron nada da potencialidade do medio radio senón que ainda lle engadiron máis posibilidades e fixeron mais doado, se cabe, a súa utilización.

Dende a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, propoñemos aos centros educativos, teñan Radio Escolar ou non, que envíen un programa de radio para conmemorar con nós o Día Mundial da Radio o día 13 de febreiro.

Que facer ?

· Gravar un programa de radio ou video ou enviar un xa gravado, de calquera temática. A modo de suxestións, aí van algunhas:

- A radio na túa vida

- Opinións sobre a radio

- A radio no século XXI

- Mostras do patrimonio inmaterial galego-portugués ( o entroido, a literatura oral, as celebracións tradicionais, a cultura agro-marítima )

Como ?

· Unha gravación de audio en calquera formato ( duración ilimitada ) con dúas opcións para o envío:

- Subila a Sound Cloud ( abrindo unha conta ) e mandando o enlace.

- Mandar a gravación directamente, por e-mail ou correo postal.

- Cada centro pode enviar as gravacións que desexe.

Envíos antes do 11 de febreiro a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Aquí podedes ver e escoitar os programas do pasado ano:

Normal 0 21 false false false GL JA X-NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin-top:0cm; mso-para-margin-right:0cm; mso-para-margin-bottom:10.0pt; mso-para-margin-left:0cm; line-height:115%; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:Calibri; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-fareast-language:ES-TRAD;}

http://pontenasondas.org/diadaradio/

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas