Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

RE-CREAMOS O PATRIMONIO

Correo-e Imprimir PDF

Cando o cuco canta polo mes de abril, anuncia co seu canto o remate do inverno e a chegada da primavera. É o tempo no que a natureza volve a rexurdir con toda a súa forza. No ciclo anual, o canto do cuco asóciase a diversos agoiros relacionados coas colleitas ou cos designios das persoas. O patrimonio inmaterial recolle abondosos refráns e ditos relacionados con esta ave.

 PONTE...NAS ONDAS! achega aos centros educativos o CANTO DO CUCO da man do poeta Manuel María, o autor a quen se lle dedican as Letras Galegas. Da man do proxecto CampUSCulturae, que aborda a diversidade e a transmisión do patrimonio ás novas xeracións, realizaranse representacións en Gondomar, Salvaterra e Nigrán.

CANTA O CUCO é unha proposta musico-teatral que conta con Uxía e Magín Blanco como condutores e que integra os títeres de Inacio Vilariño, director da compañía de teatro Fantoches Baj. Un espectáculo multidisciplinar onde se mesturan diferentes técnicas escénicas, manipulación de obxectos, títeres, música e traballo actoral.

O 27 de abril, a actuación realizarase no colexio Infante Felipe de Salvaterra de Miño.

O día 28 de abril o concerto-teatral estará destinado ao alumnado dos CEIP Souto Donas e do IES Terra de Turonio de Gondomar e terá lugar no Auditorio Lois Tobío de Gondomar a partir das 12.30 hs.

 

No mes de xuño realizarase no Auditorio de Nigrán para o alumnado do CEIP Humberto Juanes.

 

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas