Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Comezan os obradoiros de podcasts - Escolas Nas Ondas

Correo-e Imprimir PDF
Descargar este adxunto (Obradoiros radio-001.jpg)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

34 CENTROS EDUCATIVOS DA EURORREXIÓN REALIZAN OBRADOIROS DE PODCASTS PARA A NOVA RADIO DIXITAL

Obradoiros de creación e desenvolvemento de podcasts para a creación de radios on line 

 



Ponte...nas ondas!, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, realiza durante os próximos meses 34 obradoiros de iniciación á radio en centros educativos de toda Galicia e do Norte de Portugal. 

Os obradoiros están destinados á formación do alumnado na creación e realización de podcasts para a súa inserción nunha plataforma dixital de difusión que poden ser as radios educativas de cada centro onde se desenvolva.

Entre outros contidos, abordaranse nocions básicas de vocalización e dicción, dramatización de textos, exercicios de roll play, analise de podcasts, aprendizaxe de escritura de textos para ser locutados, aprendizaxe de uso das ferramentas de gravación e edición de son e como subir o podcast a un audioblog, nube, etc. e como compartilo nas redes sociais.

Os obxectivos que se perseguen son fundamentalmente o fomento de radios dixitais realizadas polo alumnado e a integración en plataformas sociais de comunicación para a difusión dos contidos.

Adxuntos:
Convocatoria[ ]591 Kb
 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas