Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

PONTE...NAS ONDAS! vai participar na XI sesión do Comité Intergobernamental de salvagarda do patrimonio inmaterial da UNESCO em Addis Abeba

Correo-e Imprimir PDF

Como ONG consultora para o patrimonio inmaterial

PONTE...NAS ONDAS! vai participar na XI sesión do Comité Intergobernamental de salvagarda do patrimonio inmaterial da UNESCO em Addis Abeba do 28 de novembro ao 2 de decembro

Os antropólogos Xosé Manuel González Reboredo ( Museo do Pobo Galego ) e Álvaro Campelo ( Universidade Fernando Pessoa do Porto ) representarán á asociación na XI sesión da UNESCO en Etiopía.

 

Ponte...nas ondas! foi recoñecida pola UNESCO no pasado mes de xuño como ONG consultora debido ao seu traballo a prol do patrimonio común galego-portugués. Os investigadores X.M. González Reboredo e Álvaro Campelo coordenaron os traballos preparatorios da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués presentada por Ponte...nas ondas! en 2004 con os avais dos gobernos de España e Portugal. Ponte...nas ondas! foi convidada a participar nesta sesión xunto a outras organizacións e representacións de todo o mundo.

Na XI sesión do Comité para a salvagarda do patrimonio inmaterial debaterase o procedemento para a inscrición, a selección e a proposta da candidaturas para a Lista representativa, para a Lista do patrimonio que precisa unha salvagarda urxente e para a Lista das mellores prácticas co patrimonio inmaterial. Tamén se analizarán as candidaturas avaliadas no 2016 e proporanse as incricións nas respectivas listas. Presentaranse as propostas que serán avaliadas durante os próximos anos.

Conferencia na Universidade de Addis Abeba

Os profesores González Reboredo e Álvaro Campelo ademais de participar nas sesións do Comité, impartirán unha conferencia no Instituto Camoes da Universidade de Addis Abeba sobre o patrimonio cultural galego-portugués. 

 

 

Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa

Esta sexta-feira 25 de novembro Ponte...nas ondas! realizará unha nova edición da Mostra da Oralidade dirixida ás escolas galegas e portuguesas no Cine Teatro Joao Verde de Monçao. O festival pretende transmitir ás novas xeracións diferentes expresións do patrimonio cultural común a través de propostas innovadoras no ámbito da narración oral, as artes escénicas e a música. A Mostra da Oralidade é unha das actividades que Ponte...nas ondas! realiza desde o ano 2002 en que se celebrou a pprimeira edición no teatro García Barbón de Vigo. Desde entón, lévanse producido espectáculos tanto para escolas como para adultos. No pasado ano, celebráronse dúas Mostras en Tui con motivo dos 10 anos da presenza do patrimonio inmaterial na sede da UNESCO en París. Nesta ocasión, desde Vila Real as narradoras orais Isa e Andreia achegarán os contos tradicionais de Trás-Os-Montes. O grupo Quase Quatro realizará diversos números de magia e expresao oral. E a música estará interpretada por Cé Orquestra Pantasma e Pitusa Semifusa. 

 

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas