Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Obradoiros ‘Escolas nas Ondas’: Visita ao CEIP Pumar Urdilde en Rois

Correo-e Imprimir PDF

Era o venres de magostos do pasado novembro, e aló fomos ao CEIP Pumar Urdilde, onde agardaban 12 rapaces e rapazas de 6º que estiveron moi moi atentos e foron moi participativos.

Ata os profes o pasaron ben e aínda se animaron a participar na gravación do podcast. Foron quen de facer os 150 minutos do obradoiro seguidos, xa que despois tiñan o magosto… e a verdade, era unha pena perdelo. Coma case sempre, ao principio cústalles soltarse, pero unha vez pasada a vergoña inicial… Tivemos auténticos locutores e locutoras que nos deron unha demostración de declamación!

Ben, foi moi interesante coñecer estes alumnos de Pumar Urdilde, e tamén moi agradecido ó director e profesorado, xa que todo foron facilidades para con este obradoiro.

Un pracer traballar no CEIP Pumar Urdilde en Rois.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas