Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Vinte pontes, vinte anos nas ondas

Correo-e Imprimir PDF

XX Xornada Multimedia PNO 2014Estamos xa preparando a XX edición da Xornada Multimedia de Comunicación “PONTE...NAS ONDAS! Por esta razón queremos convidarvos a participar nunha celebración que pretendemos sexa moi especial.

Desde a primeira edición da xornada “experimental” de radio interescolar a experiencia foi evoluíndo e transformándose coa colaboración e as suxestións dos participantes. Así, realizáronse programas de radio en directo ( ou pregravados ) no día de Ponte...nas ondas! emitidos pola FM das emisoras de radio , fixéronse colaboracións radiofónicas con emisoras comerciais , emitiuse simultaneamente a programación a traves de Internet, elaboráronse programas de televisión emitidos en directo por Internet...un amplo abano de opcións encamiñadas a ofrecer un espazo para a innovación e a creatividade!

Durante estes vinte anos os centros educativos foron os protagonistas e os mantedores de todas as actividades de Ponte...nas ondas! Por esta razón facemos un chamamento a todos eles e especialmente a aqueles que ao longo destas dúas décadas máis activamente se mantiveron NA PONTE. O librodisco-dvd recolle parte de todo este traballo. O patrimonio galego-portugués ten sido outra liña de traballo de Ponte...nas ondas! Nesta vixésima edición dirixímonos aos centros educativos para que continuen a traballar neste ámbito , producindo programas sobre o noso patrimonio común para esta edición. Por todo isto, queremos celebrar toda esta traxectoria cunha nova demostración de creatividade e enxeño. Animamos á participación con diversos premios cos que tratamos de recoñer o voso traballo. Para iso , convidámosvos a inscribirvos nesta XX PONTE...NAS ONDAS!

logos 2014

Adxuntos:
Acceder a esta URL (https://dl.dropboxusercontent.com/u/5616575/PNO/XX/cartaz_2014_gl.zip)cartaz_2014_gl.zip[Cartaz 2014 - Galego]0 Kb
Acceder a esta URL (https://dl.dropboxusercontent.com/u/5616575/PNO/XX/cartaz_2014_pt.zip)cartaz_2014_pt.zip[Cartaz 2014 - Português]0 Kb
Descargar este adxunto (XXPONTE-Ficha_PT.pdf)Ficha de inscrição XX edição[Ficha de inscrição XX edição]53 Kb
Descargar este adxunto (XX_PONTE-Ficha_Galego.pdf)Ficha inscrición XX edición - Galego[Ficha inscrición XX edición - Galego]53 Kb
Descargar este adxunto (20_pontes_pt.pdf)Folheto 20 Pontes - Português[Folheto 20 Pontes - Português]118 Kb
Descargar este adxunto (20 pontes_galego.pdf)Folleto 20 Pontes - Galego[Folleto 20 Pontes - Galego]124 Kb
 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas