Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

XVII Ponte...nas ondas! 2011. AS BIBLIOTECAS VIVAS

Correo-e Imprimir PDF
Unha Biblioteca Viva (Living Library) é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, a entrevista e o diálogo cos usuarios/as. Para ser un libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Todos somos potenciais Libros e Lectores.
A Biblioteca Viva (BV) é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre o tema axudando a combater o descoñecemento, a ignorancia, os prexuízos e os estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.
Celebrada por primeira vez en Dinamarca no ano 2000 e promovida dende o 2001 polo Consello de Europa como ferramenta de educación intercultural, a celebración de Bibliotecas Vivas é un fenómeno que comeza a espallarse polo mundo.
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! ve nesta iniciativa un xeito útil e novedoso de continuar coas súas propostas de recollida e divulgación do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. A nosa asociación ten realizado con anterioridade neste eido un labor de recoñecemento das persoas  portadoras do patrimonio cultural galego-portugués a través de diversas iniciativas, como o proposta de creación do sistema dos Tesouros Vivos.
Agora, queremos proporvos a realización da primeira BIBLIOTECA VIVA do patrimonio cultural galego-portugués.

Unha Biblioteca Viva (Living Library) é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, a entrevista e o diálogo cos usuarios/as. Para ser un libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Todos somos potenciais Libros e Lectores.

A Biblioteca Viva (BV) é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. As persoas-libro convidn a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre as súas vidas, axudando a combater o descoñecemento, a ignorancia, os prexuízos e os estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.

As BIBLIOTECAS VIVAS son un fenómeno que comeza a espaldares polo mundo a partir da súa celebración, por primeira vez, en Dinamarca no ano 2000. Dende o ano 2001 están sendo promovidas polo Consello de Europa como una ferramenta de educación intercultural.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! ve nesta iniciativa un xeito útil e novedoso de continuar coas súas propostas de recollida e divulgación do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. A nosa asociación ten realizado con anterioridade neste eido un labor de recoñecemento das persoas  portadoras do patrimonio cultural galego-portugués a través de diversas iniciativas, como o proposta de creación do sistema dos Tesouros Vivos.
Agora, queremos proporvos a realización da primeira BIBLIOTECA VIVA do patrimonio cultural galego-portugués.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! convoca:

 

1 - XVII XORNADA MULTIMEDIA PONTE...NAS ONDAS! 

Lema: " AS BIBLIOTECAS VIVAS "

Trátase de que cada centro aporte un ou varios  LIBROS VIVOS, co seu título e coas páxinas sonoras e visuais para que se poidan divulgar na Biblioteca Virtual permanente  na que se vai converter a programación da XVII edición de Ponte...nas ondas! e que estará aberta a todo mundo.

Este tema dá continuidade ás propostas realizadas nas anteriores edicións   ( XV edición : O PATRIMONIO DOS TESOUROS VIVOS e XVI edición : O TESOURO DOS AVÓS ) procurando poñer en valor a cultura común galego-portuguesa.

Convidamos aos centros educativos a realizar unha produción audiovisual, quer en formato radio quer en vídeo, sobre o tema proposto para esta edición: AS BIBLIOTECAS VIVAS.

 

2 -  V CERTAME DE RECOLLA DO PATRIMONIO ORAL

Lema:"As bibliotecas vivas:historias de vida"

Seguindo coas características fundamentais que o certame vén mantendo dende os seus comezos, queremos propor aos centros escolares galegos e portugueses seguir afondando no descubrimento e divulgación dos feitos máis importantes do noso patrimonio a través dos seus portadores, verdadeiros Tesouros Vivos, e converter en Bibliotecas Vivas as súas historias de vida e de coñecemento do noso patrimonio.

Dentro do ámbito escolar, utilizando a metodoloxía da etnografía, pretendemos que  acheguedes a análise das historias de vida dos nosos portadores en distintos contextos sociais e históricos, reflexionando na  relación existente entre a memoria individual e a colectiva, estratexias a seguir nunha investigación de equipo e os diferentes modos de acceso á memoria así como da influencia dos modelos culturais nese "contar a vida".

Proximamente remitirémosvos as bases completas deste certame aínda que xa podemos adiantarvos que haberá importantes premios para os gañadores de cada categoría (primaria,secundaria,bacharelato, profesional e universitario).

Convidamos a todos os centros a que participedes nas dúas convocatorias xa que son perfectamente complementarias, e pódese  aproveitar o mesmo material adaptándoo aos requerimentos de cada unha delas.

 

O calendario para participar será o seguinte:

  • Inscrición:  Para efectuala haberá que enviar debidamente cumprimentada a ficha correspondente á actividade na que se quere participar ou as dúas no caso de querer participar en ambas.  As fichas deberán remitirse debidamente cumprimentadas ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • XVII Xornada Multimedia Ponte...nas ondas! o prazo de recepción dos programas rematará o día 29 de abril de 2011 xa que unha vez que está no noso poder require un gran traballo de postprodución para preparar a emisión de todos os traballos que terá lugar o día 3 de xuño.
  • V Certame de Recolla do Patrimonio o prazo de recepción dos traballos rematará o día 27 de maio de 2011. O resultado do V Certame darase a coñecer en setembro de 2011.

 

 + info: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas