Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Novas

XX Edición de Ponte...nas ondas!

Correo-e Imprimir PDF
 

Queres vir á xornada do XX Aniversario de PNO?

Correo-e Imprimir PDF

Público na XVII ediciónO venres 30 de maio estaremos celebrando o noso XX Aniversario cunha xornada de 24 horas de radio e televisión en directo. Participarán alumnos e alumnas de 54 centros educativos e moitas personalidades da cultura e a comunicación como Francino, Julia Otero, Gabriela Mendes, Xurxo Souto, Ana Romaní... A maratón comezará ás 10:00 horas no Aulario Miralles do Campus de Vigo. Estades tod@s convidad@s!

Dalle a ler máis para ver cómo chegar.

 

Importantes voces da radio, a música e a literatura participarán o venres no XX Aniversario de Ponte… Nas Ondas!

Correo-e Imprimir PDF

20 PontesGrandes nomes da radio como Francino, Julia Otero, José Miguel López, Ana Romaní, Xurxo Souto ou Xosé María Palmeiro serán os protagonistas da sección AMIGOS NAS ONDAS. Tamén contaremos coas estreas musicais dos galegos 2NaFronteira e a caboverdiana Gabriela Mendes que presentarán temas compostos especialmente para este vinte aniversario. Tamén estarán presentes as voces de importantes escritores da lusofonía e os saúdos musicais de moitas bandas galegas. Será unha xornada de 24 horas de radio e televisión, na que van participar 54 centros educativos e 14 estudios de radio de Galiza e Portugal

 

Asi foi o primeiro Ponte...nas ondas en 1995

Correo-e Imprimir PDF

Presentación da 1º XORNADA "EXPERIMENTAL" DE RADIO INTERESCOLAR "PONTE...NAS ONDAS!" O 29 de marzo de 1995 mentres se inauguraba a ponte de cemento entre Salvaterra e Monçao. As escolas e institutos das dúas beiras do Miño seguían nas aulas esta emocionante presentación e agardaban por diante 12 horas de programas integramente realizados por mozos e mozas. 
Así comezabamos...

 

Ponte...nas ondas celebra dúas décadas re-transmitindo o patrimonio

Correo-e Imprimir PDF

Presentación na Cidade da Cultura en SantiagoO proxecto celebrará o seu vinte aniversario con 24 horas de radio e televisión á que se sumarán 54 centros educativos e 14 estudios de radio de Galiza e norte de Portugal; con destacadas voces da radio, escritores e músicos da Lusofonía.

Santiago, 26 de maio de 2014.- Nun acto presentado polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e no que tamén participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato –ambas entidades colaboradoras do proxecto-; o Presidente da Asociación cultural e Pedagóxica Ponte... Nas Ondas, Santiago Veloso presentou en detalle a programación da XX Xornada Multimedia de Comunicación 'Ponte... nas Ondas!', coa que se conmemora o aniversario deste programa que une a alumnado e profesorado de Galicia e Portugal.

 
Páxina 2 de 3

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas