Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Entrega dos premios do V Certame de Recolla da Tradición Oral Galego Portuguesa

Correo-e Imprimir PDF

Momento da entrega dos galardóns

O pasado venres día 18 celebrouse o acto de entrega dos premios do V Certame de Recolla da Tradición Oral Galego Portuguesa que organiza a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! que tiña como lema "As bibliotecas vivas:historias de vida"

No salón de actos da Cámara de Valença do Miño reuníronse perto de cen persoas representantes das escolas premiadas que asistiron a un acto entre lúdico e formal no que houbo tempo para a entrega dos premios e as actuacións musicais que fixeron que se pasaran uns intres entretidos. As escolas premiadas este ano foron: Jardim de Infancia de Boavista Aldreu do concello de Guimaraes, Agrupamento de Escolas Abel Barzim de Vila Seca concello de Barcelos,Escola Secundaria de Arouca, IES Fontem Albei de A Fonsagrada,Escola Básica 2,3 de Briteiros e un accésit para o Programa Mentor IGAXÉS 3 do Instituto Galego para o Terceiro Sector de Ourense.

Na acta do xurado agradecíase a colaboración do profesorado e do alumnado participante porque amosan co seu interés que" promover un futuro para a cultura común obriga a sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia da conservación e da transmisión xeneracional dos saberes, técnicas e coñecementos que nos foron legados"

Presidiron o acto o alcalde de Valença de Miño Jorge Mendes, o alcalde de Guimaraes Antonio Magalhaes o presidente e a vicepresidenta de Ponte...nas ondas! Santiago Velos e Lourdes Carita respectivamente sendo presentado por Xerardo Feijoo secretario da asociación.

Os títulos dos traballos gañadores amosan a variedade do campo aberto no eido do Patrimonio inmaterial e exiben un amplo abano de "libros vivos" que son as persoas que detentan os saberes que estamos interesados en rescatar. Algúns destes títulos son: "Entre o Traje Regional e a lenda...un libro vivo:D.Gracinda, "As bibliotecas vivas: Dª Palmira e Dª Almerinda Casanova","Fragmentos de felicidade", "Manuel,mestre de lembranzas", "Historia da criaçao do grupo folclórico da Casa do Povo de Briteiros" e "A profisión de Naceiro.Vivencias de dous mestres afiadores de Ourense"

Ao fin do acto de entrega dos premios procedeuse a convocar o VI Certame de Recolla do Patrimonio Oral Galego Portugués baixo o lema "Ponte...a contar" no que se convida ás escolas galegas e portuguesas a furgar nas memorias dos portadores e rescatar delas os vellos contos tradicionais que alí están recollidos para mostrallelos ás novas xeracións.

Clica aquí para ver as fotos do acto

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas