Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Xogando co patrimonio común

Correo-e Imprimir PDF

Xogo do trompo

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! celebrou a 4ª Xornada Escolar de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses.

Seguindo a dinámica de dar a coñecer o Patrimonio Tradicional Común a galegos e portugueses e duscubrirllo aos nosos alumnos e alumnas no marco escolar, a Asociación Ponte... nas ondas! organiza anualmente unha reunión lúdica e non competitiva no marco dun día de convivencia entre rapaces e rapazas de escolas galegas e portuguesas.

O diá 19 do mes de outubro nenos e nenas de varias escolas galegas e portuguesas reuníronse no Colexio Público Infante Felipe de Salvaterra de Miño para realizar unha xornada de lecer e transmisión de xogos tradicionais. Moitos destes xogos están a quedar en desuso e é necesario rememorar e transmitir ás novas xeración como se xogaba e tamén todo o seu saber asociado.

Durante a mañá alumnado das dúas beiras compartiron xogos e vivencias comúns para coñecer os enredos aos que xogaban os seus pais e avós e que por mor das circunstancias da vida moderna están caendo en desuso. Así, houbo xogos de birlos, chave, rá, truco, bolas, chapas, chave, zancos, aros....

As actividades remataron cunha masiva tirada simultanea de peóns.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas