Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

PNO preséntase en Barcelona

Correo-e Imprimir PDF
pontenasondas bcn

Unha delegación galego-­‐portuguesa da Asoaciación Cultural e Pedagóxica PONTE…NAS ONDAS! viaxa a Barcelona para participar na gala da entrega dos premios ONDAS que se realizará o martes 25.

 

Ponte…nas ondas! acadou o premio ondas na categoría de radio como “ mellor cobertura informativa “ e supón un recoñecemento aos 20 anos de actividade coa radio no ámbito da eurorrexión Galicia-­‐Norte de Portugal. Esta cobertura tivo no patrimonio cultural galego-‐portugués o seu foco e a súa motivación. A retransmisión deste patrimonio ás novas xeracións ten sido o obxectivo da asociación.

Desde Barcelona chegaba tamén no ano 1998 o interese da xornalista galega Julia Otero, daquela lider de audiencia na radio española co seu programa La radio de Julia. A conexión co estudio escolar instalado na Casa da Cultura de Salvaterra daba a coñecer ao grande público a experiencia de comunicación que poñía en valor o traballo das radios escolares que numerosos centros educativos realizaban e que foran a base do xurdimento de Ponte…nas ondas! A xornalista voltaría a conectar e a colaborar coa experiencia en diversas ocasións.

Despois virían novas colaboracións con destacados xornalistas da radio como Iñaki Gabilondo, Gemma Nierga, Xurxo Souto, Xosé Mª Palmeiro ou Carles Francino, entre outros.

Ponte…nas ondas! realizará un acto de presentación á colectividade galega presente na cidade condal o domingo 23 ás 11.30 hs nun acto organizado pola Asemblea Cultural Galega de Barcelona no Ateneu Roig ( c/Ciudad Real, 25 ).

O martes 25 os premiados participarán nunha recepción oficial por parte do Alcalde de Barcelona quen ofrecerá un xantar no Palacio Albéniz.

Ás 19 horas comezará a gala no Teatro do Liceu nas Ramblas, presentada polos xornalistas Jesús Gallego ( Carrusel deportivo ) e Macarena Berlín (Hablar por hablar ) e retrasmitida en directo pola canle de televisión Divinity.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas