Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

NOVAS ACTIVIDADES !

Correo-e Imprimir PDF

ADIANTO DAS PRÓXIMAS ACTIVIDADES:

Dende sempre, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas mostrou o seu interese e preocupación por transmitirlle aos alumnos e alumnas galegos e portugueses o Patrimonio Inmaterial que nos é común. Despois de recibir o premio ONDAS á “ mellor cobertura informativa “ deste patrimonio sentímonos co deber de continuar a dinamizalo e a divulgado, no ámbito educativo e na sociedade, como garantía de transmisión deste legado.

 25 novembro 2015: MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA dirixida aos centros educativos das dúas comunidades en horario de mañá.

LUGAR : Teatro Municipal de Tui.

Os centros que desexen asistir deben facer a reserva ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

GALA DO PATRIMONIO : Celebraremos a data do 25 de novembro cando o patrimonio común estivo na sede da UNESCO en París para obter o seu recoñecemento internacional. Dez anos despois, seguimos a aspirar a ese recoñecemento para este patrimonio. Nesta gala teremos unha mostra da súa riqueza e vitalidade.

LUGAR : Teatro Municipal de Tui.

13 febreiro 2016:DÍA MUNDIAL DA RADIO. Esta será a nosa nova xornada de radio interescolar á que vos convidamos xa a inscribrise ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )  para participar. Podedes xa ir preparando o programa para realizar en directo ou gravado.

CERTAME DE RECOLLA DO PATRIMONIO: En breve faremos públicas as bases para participar. A temática escollida para os traballos xirará arredor do monte vecinal en man común e os baldíos.

PORTAL DO PATRIMONIO “ WWW.OPATRIMONIO.ORG “: Ofrecemos esta Web para dar a coñecer traballos realizados nos centros que teñan que ver co patrimonio galego-portugués.

ESCOLA PROMOTORA: Convidámosvos a inscribir á vosa escola ou instituto en promotores do patrimonio cultural galego-portugués. Formularios en www.opatrimonio.org 

 

Normal 0 21 false false false GL JA X-NONE

+ info: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas