Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Entregamos o premio "PONTE NO OUFF"

Correo-e Imprimir PDF

" A minha avó… conta-me uma história "

Premio especial do público e Premio Ponte no Ouff

A Escola Profissional de Melgaço recibe unha Mención Especial Ponte no Ouff por "Un tesouro vivo de Melgaço"

Este venres día 6 de novembro entregáronse no Auditorio de Ourense os premios do IV CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA. Este concurso de cinema escolar, está convocado conxuntamente  polo Consorcio para o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), pola Concellería de Normalización Lingüística de Ourense e pola Xunta de Galicia coa colaboración de Ponte…nas Ondas! No acto, que acolleu a Sala Vermella do Auditorio Municipal, participaron a concelleira de Educación, Ana Garrido; o director de programación do OUFF, César Silva; o director do festival de animación ANIRMAU, Severiano Casalderrey; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García  e o presidente de Ponte…nas Ondas!, Santiago Veloso.

Ponte no Ouff

Santiago Veloso agradeceu a acollida da organización do festival á proposta realizada por Ponte...nas ondas! para integrar aos centros participantes na xornada de comunicación e premiar a un deles pola súa contribución á preservación e transmisión do patrimonio cultural galego-portugués. Neste sentido, destacou que a cidade das pontes, Ourense, sexa quen de tender novas pontes para o patrimonio audiovisual e alongue o ámbito de influencia do OUFF Escola a outros territorios onde o noso patrimonio tamén está presente.

Nesta liña,  Valentín García, o Secretario Xeral de Política Lingüística  sinalou a cooperación cos centros portugueses como “unha iniciativa encomiable desde o galego como valor cultural identitario propio, mais tamén como mostra de que contamos coa máis potente das ferramentas de intercomprensión coa Lusofonía, cunha vantaxe e oportunidade únicas no marco de sociedades cada vez máis plurilingües”.

A minha avó… conta-me uma história - Premio especial do público e Premio Ponte no Ouff

O vídeo presentado polo centro educativo Externato Paulo VI de Braga recibiu o premio especial do público na categoría de Infantil e Primaria e o premio especial PONTE...NO OUFF. O traballo audiovisual mostra un exemplo de transmisión oral ás novas xeracións realizado nas aulas do propio centro. Ao acto de entrega asistiron a aula que protagonizou o vídeo e a portadora.

Proxectos galardoados

O mellor traballo na categoría de infantil e primaria foi Maxín, do CEIP Mestre Valverde Maio (Mos, Pontevedra). O segundo premio foi para o CRA A Lagoa (Salvaterra de Miño, Pontevedra), polo traballo A tartaruga que quería durmir, mentres que o Premio Blanco Amor ao mellor guión foi para o CPR Sek-Atlántico (Poio, Pontevedra). O premio PONTE NO OUFF de Ponte…nas Ondas! e máis o do público, recaeron ambos os dous en A minha avó… conta-me uma história, do Colexio Externato Paulo VI (Braga, Portugal). A Escola Profissional de Melgaço recibiu unha Mención Especial do premio Ponte no Ouff polo vídeo presentado á XVIII edición de Ponte...nas ondas! Estes vídeos premiados poden verse no apartado da XVIII edición nesta Web.

Na categoría de Secundaria e outros niveis de ensino non universitario, o gañador foi o traballo Eu falarei, presentado polo IES Chapela (Redondela, Pontevedra). O IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra) fíxose co segundo premio grazas a Pedigree, mentres que na peza Luz, do Colexio María Asumpta (Noia, A Coruña) recaeron outros dos galardóns desta categoría: o Premio Blanco Amor ao mellor guión e o Premio do Público. Finalmente, Unha cuestión de educación, do CPI Virxe da Saleta (Cea, Ourense) recibiu mención especial do xurado.

OUFF Escola

OUFF Escola é un certame de curtametraxes en galego encadrado dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlles formación aos mozos sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual. Busca impulsar o uso do idioma entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado que contribúa a xerar un espírito crítico. O certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

O OUFF está destinado a alumnado de centros de ensino non universitario, que poden concorrer en nas categorías de infantil e primaria, e mais ao resto de niveis de ensino, agás ás escolas oficiais de imaxe e son. Os participantes deben estar matriculados en centros públicos ou privados de Galicia e en centros de fóra de Galicia que impartan materias de ou en lingua galega. Nesta IV edición e propiciada pola participación da iniciativa Ponte... nas Ondas!, ampliouse o concurso a escolas do ámbito lusófono, que puideron presentar os seus traballos en portugués.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas