Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Xeral

Ponte...nas ondas! no Cantos na Maré 2010

Correo-e Imprimir PDF

Ponte...nas ondas! colabora con esta nova edición do Cantos na Maré 2010.  No XV aniversario da nosa asociación, Ponte...nas ondas! estará presente nesta edición no Pazo da Cultura de Pontevedra o sábado 18 de decembro ás 21.00 hs.

Podemos adiantarvos que se vai facer unha gravación para Ponte...nas ondas! do tema de Lenine "A Ponte", tema  que xa foi enviado polo artista brasileiro xunto cun saúda  para a XIII edición de Ponte...nas ondas! de 2007.

Ademais de Lenine, en Pontevedra estará Guadi Galego ( lembrade Ponte ao meu lado cos Vozes da Rádio ) e António Zambujo de Portugal e Aline Frazao de Angola.

Máis información e venda de entradas en :

http://www.cantosnamare.org/espectaculo/2010/
 

Na memoria de Don Paco

Correo-e Imprimir PDF

D. Paco Del RiegoMensaxe de D. Francisco Del Riego a Ponte...nas ondas ! en abril de 2002

Queridos amigos:
Pareceume de notorio interese cultural o labor que vén realizando o grupo de escolas e institutos de Galicia e Portugal a través de PONTE....NAS ONDAS!.Trátase de unha experiencia sen precedentes na historia das relacións culturais entre os pobos de aquén e de alén Miño.

 

A oralidade no teatro - Limiar Teatro celebra os 15 anos de Ponte...nas ondas!

Correo-e Imprimir PDF

cartelon-copiaO grupo Limiar Teatro está a realizar unha xira coa obra "OS 4 DA XUNQUEIRA" con motivo dos 15 anos de Ponte...nasondas!

Desde o seu estreo hai case un ano no Teatro Sá de Miranda de Ponte de Lima, a companía leva recorrido unha boa parte da Eurorrexión levando a obra aos centros educativos e aos teatros das vilas galegas e portuguesas.

 

Cores do Atlántico para todo o mundo

Correo-e Imprimir PDF

Comezan as presentacións de CORES DO ATLÄNTICO da man do proxecto Creativa e co apoio de AGADIC e da Fundación Illa de San Simón.

Lembramos que o concerto-presentación na Illa de San Simón será o venres 14 de maio ás 20.00 hs. e será retransmitido por televisión a través de Internet para todo o mundo desde a Web: www.coresdoatlantico.com ( consultade lugares e horas das  presentacións ).

Tamén xa está a venda nas librarías, na Web de Pai-Música  e na tenda de Pai-tunes ( www.paitunes.com ).

 
Páxina 5 de 8

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas