Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Xeral

15 anos nas ondas

Correo-e Imprimir PDF

 

Ponte...nas ondas ! cumpriu no ano 2010, quince anos de actividades ( 1995-2010 ).

Ponte...nas ondas! desenvolveu  durante o ano 2010, a XVI edición da xornada multimedia de comunicación interescolar baixo o lema " O TESOURO DOS AVÓS"  e realizou o Congreso Internacional PONTES DE CULTURA, PONTES DE FUTURO.

 

A candidatura

Correo-e Imprimir PDF

logo candidatura pigp

Desde o ano 2001 a Asociación Ponte...nas ondas! promoveu a presentación da CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS diante da UNESCO, unha iniciativa destinada ao recoñecemento internacional deste patrimonio.

No ano 2004, España e Portugal avalan a Candidatura e preséntase na UNESCO. Tratábase da primeira candidatura multinacional promovida desde centros educativos de dous países. Culminaba así un longo traballo que logrou un eco social e un recoñecemento total ao labor realizado por Ponte...nas ondas!  ( + info: www.opatrimonio.org ).

A Xunta de Galicia recoñecía este labor no ano 2005 co Premio Galicia de Comunicación como a "Mellor iniciativa no campo da comunicación".

patrimonio_teatro

A Asociación de Escritores en Lingua Galega ( AELG ) tamén recoñecía o traballo de Ponte...nas ondas! coa concesión do premio     " Bos e Xenerosos" nese mesmo ano.

 

Recoñecemento

Correo-e Imprimir PDF

rolda de prensa

 

No 2004, a Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE...NAS ONDAS! foi convidada a participar no Foro do Partenariado para a Diversidade que se celebrou na cidade alemá de Flensburg convocado polo EBLUL ( European Bureau for Lesser Used Languages ) para presentar a experiencia de comunicación. O interese  deste organismo debíase a que a experiencia de Ponte...nas ondas! se desenvolve entre linguas próximas e transfronteirizas.

O EBLUL (European Bureau for Lesser Used Languages) é unha ONG independente que ten como obxectivo principal a defensa das linguas e culturas minoritarias na Unión Europea e ten carácter consultivo tanto no Consello de Europa como na UNESCO.

Aprobouse unha resolución - por unanimidade- por parte da Asemblea Xeral do EBLUL na que se recoñeceu o labor de  Ponte...nas ondas!
* Por ser unha experiencia que contribúe á promoción dunha lingua minoritaria, axuda á recuperación da cultura, as tradicións e a lingua galega e favorece a cooperación transfronteiriza.
* Por desenvolver valores de respecto mútuo entre xoves de dous territorios veciños;
* Por ser un exemplo de boas prácticas en materia de cooperación e promoción da diversidade lingüística
* Por implicar a nenos e nenas dentro dun contexto educativo e promover o uso das novas tecnoloxías entre eles.

Por todo isto a Asemblea Xeral do EBLUL decidiu animar a outras institucións gobernamentais e non gobernamentais a apoiar e patrocinar esta experiencia.

En 2005 a Xunta de Galicia outorga a Ponte...nas ondas! o PREMIO GALICIA DE COMUNICACIÓN ao "mellor labor en medios informativos"

Tamén no mesmo ano 2005 a Asociación de Escritores en Lingua Galega recoñecen o labor de Ponte...nas ondas! co premio "BOS E XENEROSOS" .

 

As colaboracións

Correo-e Imprimir PDF

concertinas


Un ámbito  que incorpora a experiencia é o mundo da cultura, que da man dos propios alumnos se integra na programación. Artistas e escritores galegos, portugueses e brasileiros levan colaborado nas diferentes edicións da experiencia. Uxía, Joao Afonso, Doce Pontes, Filipa Pais, Milladoiro, Chico César, Daniela Mercury, Jose Saramago, Xosé Carlos Caneiro ou Federico Mayor Zaragoza son algúns nomes que pasaron pola programación de Ponte...nas ondas!

Os gaiteiros Treixadura e os Gaiteiros de Lisboa realizaron unha gravación conxunta dun tema tradicional común a Galicia e a Portugal, como actividade de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Produciuse  un disco-libro-dvd con temas tradicionais galego-portugueses interpretados por alumnado de centros educativos galegos e portugueses e con artistas de ambos lados. O proxecto chamouse Meniños Cantores e tamén foi achegado á UNESCO como compromiso da transmisión do patrimonio inmaterial ás novas xeracións. meninos_cantores_uxia_sr_carmen

A participación de importantes xornalistas radiofónicos foi tamén un importante estimulo e reforzo para a experiencia. No ano 1998 e 1999 a xornalista Julia Otero realizaba conexións en directo coa xornada radiofónica e dábaa a coñecer ao resto do Estado. No ano 2000 era Iñaki Gabilondo o que establecía varias conexións desde o seu programa "Hoy por hoy". Tamén nese mesmo ano facía o mesmo Diamantino José desde a RDP-Antena 1 en Lisboa.

radiotui3

No ano 2001 foi Gemma Nierga desde Barcelona, quen con Manu Chao no estudio para saudar á audiencia de Ponte...nas ondas! facía a ponte co estudio de Salvaterra de Miño. Tamén ese mesmo ano, Iñaki Pena desde o seu programa Trébede de Radio 3 realizaba unha edición especial sobre a programación de Ponte...nas ondas! A Radio Galega  fixo emisións conxuntas e programas especiais en sucesivas edicións. Xurxo Souto realizou o seu programa "Aberto por reformas" en directo durante a programación de Ponte...nas ondas! desde o Museo Verbum de Vigo.

 
Páxina 7 de 8

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas