Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Xeral

Un tema común

Correo-e Imprimir PDF

Nas últimas edicións, o tema ao que se dedicou a xornada foi a diversos ámbitos do Patrimonio Inmaterial galego-portugués.  O patrimonio inmaterial tivo, desde a primeira proclamación das Obras Mestras do Patrimonio Inmaterial no ano 2001 pola UNESCO, unha especial divulgación nos centros educativos participantes na xornada de comunicación.

A través do traballo desenvolvido, tanto para a preparación dos programas como nos programas en si, o alumnado foi descubrindo o patrimonio común entre os dous territorios quedando evidenciado en moitos programas audiovisuais.

Mesmo foi levado á práctica en programas en directo onde se lles pedía aos nenos do outro lado da fronteira que chamasen en directo para completar adivinanzas, refráns, etc. ou que buscasen outros similares na súa lingua.

Estes foron os temas abordados desde a VIII edición:

 

VIII- Edición 2002: " O patrimonio inmaterial "

IX Edición 2003: " O mar e nós, sós "

X Edición 2004: " O patrimonio vivo"

XI Edición 2005: " 1 patrimonio para o futuro "

XII Edición 2006: " Os sons da ponte"

XIII Edición 2007: "Na Rede do Patrimonio"

XIV Edición 2008: "Identidade e territorio"

XV Edición 2009: "O patrimonio dos Tesouros Vivos "

XVI Edición 2010: " O tesouro dos avós "

XVII Edición 2011: " As bibliotecas vivas"

XVIII Edición 2012: "Ponte...a contar!"

XIX Edición 2013: "Ponte...a brincar "

XX Edición 2014: "Vinte...na ponte"

 

A evolución

Correo-e Imprimir PDF

Ponte...nas ondas! experimentou unha gran evolución desde os seus comezos. Aos poucos foron introducíndose as novas tecnoloxías; Internet é hoxe en día un medio que permite que esta experiencia chegue a recunchos aos que hai uns anos era impensable. A emisión do sinal de televisión por Internet realizada por UVIGO-TV ( a televisión da Universidade de Vigo ) fixo que a experiencia teña xa un enfoque multimedia onde o audiovisual adquire xa todo o protagonismo. Isto permite que desde a Web haxa unha participación e un seguimento maior nos centros educativos para asistir á emisión en directo que pode ser contemplada como un programa audiovisual.

Durante o día da emisión recíbense mensaxes desde todo o mundo de persoas que están a seguir a emisión a través de Internet; tamén funciona o correo electrónico, o chat para conversar en directo durante a xornada e o foro para deixar mensaxes sobre os programas que se están a emitir.

Na VIII edición chegouse a  facer unha videoconferencia entre o estudio de radio escolar instalado na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño, Maputo e Rio de Janeiro.

Pero ademais, chegouse a realizar a emisión en directo desde sete estudios de radio: seis profesionais (de emisoras municipais) e o escolar establecido na Casa da Cultura en Salvaterra de Miño.

Os medios de comunicación: radio, televisión e prensa escrita, teñen colaborado coa experiencia difundindo información sobre esta xornada. Outro gran paso foi a incorporación do alumnado da Universidade que fixo posible que a emisión pasase a durar 24 horas. Completouse así o ciclo educativo de Ponte...nas ondas!, que xa abarca desde os 3 anos ata a Universidade.

 

O proceso

Correo-e Imprimir PDF
O funcionamento básico de Ponte...nas ondas! foi evolucionando en cada edición. O esquema de preparación mantense esencialmente por parte do profesorado. Todo arrinca co comezo do curso: o profesorado representante das escolas que van tomar parte na edición manteñen reunións para decidir o tema central que se proporá aos participantes e os primeiros pasos que hai que ir dando. Logo vén o traballo nos centros co alumnado: animalos a que participen na radio escolar ou na elaboración dun programa audiovisual.

En cada edición hai un tema xeral ao redor do que xira toda a programación. Sobre el trabállase nos centros participantes durante o curso.

No día da emisión é necesario ter establecida unha grella de programación moi clara na que aparezan os centros educativos na súa hora de emisión, o título do seu programa, horas nas que se esperan conexións en directo, etc. Hai que ter en conta que se realizaron xornadas de programación desde 7 estudios de radio situados a ambos lados da fronteira galego-portuguesa.

Paralelamente aos programas, e durante toda a xornada, establécense concursos e diferentes formas de participación con outros medios de comunicación.

Nas últimas edicións apostouse polos contidos audiovisuais e este formato combínase coas gravacións exclusivamente de audio. A posibilidade de escoitar e visualizar a programación á carta é outra das opcións desenvolvidas nas pasadas edicións grazas á colaboración de UVIGO-TV da Universidade de Vigo.

 

Que é?

Correo-e Imprimir PDF

logo_pno

PONTE...NAS ONDAS! é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galicia ( España ) e do norte de Portugal, coa participación de centros educativos doutros países.

Trátase dunha xornada que se iniciou coa emisión de 12 horas de programación radiofónica realizadas integramente por alumnos galegos e portugueses. Xa desde o ano 2003 chegou ás 24 horas de emisión con programas producidos por máis de 50 centros educativos. Estudantes de primaria, secundaria e ( desde a IX edición ) da Universidade, emiten programas de radio ( nas últimas edicións tamén de televisión por Internet ) elaborados por eles mesmos, en directo e en formatos moi diversos: concursos, variedades, música, entrevistas, conexións en directo entre diferentes estudos, etc. Aínda que o galego e o portugués son as linguas comúns da emisión, coa participaición de centros de Arxentina, Cuba, Chile e Colombia, o castelán tamén se incorporou á experiencia. Durante a xornada de comunicación os nenos e nenas dos todos os países participantes seguen a programación e participan activamente nela.

A motivación para empezar esta aventura foi a inauguración dunha ponte arquitectónica entre as localidades de Salvaterra de Miño (España) e Monçao (Portugal); entón, un grupo de 16 escolas decidiron establecer unha ponte de comunicación a través das ondas de radio. Aquel ano usáronse os estudos de Ecos dá Raia de Monçao (Portugal) e outro provisional situado na Casa da Cultura en Salvaterra de Miño (España); os mozos viviron con moita emoción aquela primeira xornada experimental de radio transfronteiriza e o éxito obtido forzou a súa continuidade.

 
Páxina 8 de 8

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas