Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Día Mundial da Radio - Nas Ondas do Entroido

Correo-e Imprimir PDF

dia mundial radio

Ponte...nas ondas! celebra o Día Mundial da Radio acolléndose á proposta da UNESCO que dedica esta edición á relación dos xoves coa radio. 

Unha das actividades que máis presenza e notoriedade lle teñen dado á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas foi a introdución na aulas do traballo activo cos medios de comunicación, especialmente a radio, por varios motivos:

1. Relativa sinxeleza técnica na montaxe e na manipulación deste medio.
2. Moderado custe económico das instalacións e do mantemento das mesmas.
3. Potencia pedagóxica como ferramenta dinamizadora da vida das escolas.

Ponte...nas ondas! foi pioneira en demostrar as posiblidades comunicativas da Radio Escolar tanto no Ensino Primario coma no Secundario e Universitario, podendo constituír un eixo transversal e
vertebrador onde poidan confluír todas as áreas do ensino complementando e completando dun xeito eficaz o labor realizado dentro das aulas.
A radio é o medio da oralidade, o medio que máis contribúe a mellorar a competencia oral e comunicativa. É fundamental que a xuventude desenvolva estas capacidades na escola, nos medios de comunicación e nas redes sociais.

A UNESCO instituíu o día 13 de febreiro como Día Mundial da Radio e neste 2015 o tema é “ a xuventude e a radio “. Para Ponte...nas ondas! é unha unha boa oportunidade para convidar aos centros educativos da Eurorrexión a participar nesta festa da
comunicación radiofónica.

Coincide ademais co ciclo do Entroido, unha das manifestacións máis representativas do patrimonio inmaterial galego-portugués que pretendemos que sexa inscrito na Lista Representativa da UNESCO. Por esta razón, propomos que a celebración sirva de
ponte entre a radio e o entroido, facendo do día 13 unha data para reivindicar a radio nas escolas e o noso patrimonio común.

Para iso propómosvos as seguintes actividades:

1. Gravación da noticia que vos gustaría escoitar pola radio. En galego ou portugués. ( máximo 2 minutos ).
2. Cuña de apoio ao patrimonio galego-portugués para que sexa patrimonio da humanidade. ( máximo 50 “ ).
3. A radio e ti. Algo máis que unha amizade...A túa experiencia coa radio. ( máximo 2 minutos ).
4. A radio e os nosos maiores: cal foi o primeiro aparello de radio que tiveron, que escoitaronn na radio, que lles gustaba, que nova máis sorprendente oíron ( máximo 2 minutos ).
5. A celebración do Entroido na túa contorna. Cóntao nunha reportaxe (máximo 4 minutos).
6. Participación no Certame que convocamos no campUSCulturae (www.campusculturae )
7. Retransmite o entroido: na túa escola, na túa parroquia, no teu barrio. Disfrázate e conta o entroido. Fai unha reportaxe que podes divulgar na Web do teu centro e en www.pontenasondas.org
8. Se tedes alumnado que desexe representar a Ponte...nas ondas! nalgunha emisora de radio o día 13, mandade as vosas propostas. Poderán participar nun programa de radio en directo.

Para participar, inscribirse en:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas