Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

CONVOCATORIA - DÍA MUNDIAL DA RADIO

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca aos centros educativos galegos e portugueses de calquera outra procedencia, a participar no Día Mundial da Radio o vindeiro 13 de febreiro de 2016.

No ano 2011, a UNESCO, proclamou o 13 de febrero como “Día Mundial da Radio” conmemorando o día no que as Nacións Unidas crearon a “Radio das Nacións Unidas” no ano 1946. 

 

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! tivo sempre como un dos seus obxectivos primordiais a difusión da Radio Escolar porque consideramos que é unha ferramenta sinxela, barata e de doada implantación nos centros escolares, ao mesmo tempo que unha potente ferramenta didáctica con múltiples aplicacións e infinitas posibilidades na vida diaria das escolas. A chegada dos modernos medios de comunicación, INTERNET, redes sociais así como a aparición de adiantos tecnolóxicos, telefonos móbiles, ordenadores, tabletas, gravadoras e reproductoras de son, non restaron nada da potencialidade do medio radio senón que ainda lle engadiron máis posibilidades e fixeron mais doado, se cabe, a súa utilización.

Dende a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, propoñemos aos centros educativos, teñan Radio Escolar ou non, que envíen un programa de radio para conmemorar con nós o Día Mundial da Radio o día 13 de febreiro.

Que facer ?

  • ·Gravar un programa de radio ou video ou enviar un xa gravado, de calquera temática. A modo de suxestións, aí van algunhas:
  • -A radio na túa vida
  • -Opinións sobre a radio
  • -A radio no século XXI
  • -Mostras do patrimonio inmaterial galego-portugués ( o entroido, a literatura oral, as celebracións tradicionais, a cultura agro-marítima )

Como ?

  • · Unha gravación de audio en calquera formato ( duración ilimitada ) con dúas opcións para o envío:
  • - Subila a Sound Cloud ( abrindo unha conta ) e mandando o enlace.
  • - Mandar a gravación directamente, por e-mail ou correo postal.
  • - Cada centro pode enviar as gravacións que desexe.

 Envíos antes do 11 de febreiro a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Aquí podedes ver e escoitar os programas do pasado ano:

http://pontenasondas.org/diadaradio

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas