Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

10 anos de loita polo recoñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz da celebración

O 25 de novembro de 2005, hai dez anos, o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a ser proclamado como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade. Era a primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea. Naquela data, a UNESCO recomendou voltar a presentar a proposta destacando o seu grande valor e riqueza das súas manifestacións e expresións.

O 25 de novembro de 2005, hai dez anos, o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a ser proclamado como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade

Para conmemorar a efeméride, a Asociación Ponte...nas ondas! celebrará o vindeiro 25 de novembro (cando farán dez anos exactos) unha Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa para os centros educativos das dúas marxes (pola mañá) e unha Gala do Patrimonio (pola noite).Ambos eventos contarán coa participación de grupos e artistas de Galicia e do Norte de Portugal.

O 25 de outubro de 2004, un grupo de profesores e profesoras da Asociación Ponte...nas ondas! entregaran na sede da Unesco en París a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Nacida desde escolas ás dúas beiras do Miño, esta Candidatura concitou unha grande adhesión en Galicia e en Portugal (e na diáspora galego-portuguesa) e logrou o aval dos Estados español e portugués así como da Xunta de Galicia, sendo numerosas as institucións que colaboraron na realización dos traballos preparativos (universidades, museos, asociacións...). Ademais, un amplo apoio por parte de importantes personalidades do mundo da cultura, a educación e da ciencia foi explicitado mediante adhesións colectivas e individuais (José Saramago, Nélida Piñón, Federico Mayor Zaragoza, Suso de Toro, Manuel Rivas, Mário Claudio, etc.).

O vindeiro 25 de novembro (cando farán dez anos exactos) unha Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa para os centros educativos das dúas marxes (pola mañá) e unha Gala do Patrimonio (pola noite) celebrarán a efeméride

A Candidatura concitou ao longo dos ano numerosas mostras de apoio a unha e outra beira da fronteira, acadando un consenso unánime ao seu favor. O 10 de novembro de 2004 o Parlamento de Galicia aprobara por unanimidade unha declaración de apoio, que instaba o goberno da Xunta a apoiar o proceso da Candidatura. De igual xeito, o 21 de setembro de 2005, o Congreso dos Deputados de España aprobaba outra resolución de apoio á Candidatura e instaba o goberno do Estado a apoiala, dando traslado á Unesco desta resolución. E o 11 de decembro de 2007, o Congreso dos Deputados de España aprobou novamente unha resolución por unanimidade na que se instaba ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a inscribir na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial a Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas.

Unha reivindicación viva

A entidade sinala que "neste punto é imprescindible que as diversas institucións se involucren no empurrón final para que toda a inédita suma de consenso e esforzo xurdidos da ilusión e o traballo nas escolas chegue á fin á meta proposta"

Nos últimos anos a Asociación Ponte...nas ondas! tentou que as Tradicións Orais Galego-Portuguesas fosen inscritas na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial, sen conseguilo ata este momento. Outras propostas, coma o flamenco (presentada no mesmo ano que a galego-portuguesa e inscrita en 2010), acadaron o seu obxectivo. A entidade sinala que "neste punto é imprescindible que as diversas institucións se involucren no empurrón final para que toda a inédita suma de consenso e esforzo xurdidos da ilusión e o traballo nas escolas chegue á fin á meta proposta". "Entendemos que, dez anos despois, o noso patrimonio común, nacido no marco da actual Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e presente en diversos países, merece ser inscrito na Lista Representativa do Patrimonio Mundial", conclúen.

Artigo realizado por PRAZA PUBLICA

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas