Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

10 anos da presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO.

Correo-e Imprimir PDF

Presentación da candidatura ante a UNESCO en París no ano 2005

Mañá cúmprense dez anos da presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO.

Artistas e institucións uniranse nunha gala en Tui para pedir que se presente de novo, tal e como recomendou a propia UNESCO ás autoridades españolas e portuguesas

Este 25 de novembro será unha data moi especial para a Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE…NAS ONDAS! porque nese mesmo día hai un ano estaban recollendo o PREMIO ONDAS en Barcelona; e hai 10 anos estaban depositando na sede da UNESCO en París unha candidatura na que o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a ser proclamado Patrimonio da Humanidade ao lado de propostas tan poderosas como o flamenco ou o samba de roda de Bahía (Brasil). Non puido ser naquela ocasión pero a UNESCO recomendou ás autoridades españolas e portuguesas volver presentar a candidatura que segue máis viva ca nunca grazas ao traballo constante de PONTE…NAS ONDAS! O vindeiro mércores conmemorarán esta data tan especial cunha GALA DO PATRIMONIO para pedir que as administracións de dos dous países que se impliquen de novo neste gran proxecto común protagonizado por cidadáns e cidadás das dúas beiras do Miño, que durante máis de 20 anos foron quen de construír unha fermosa historia de entendemento e irmandamento cultural, que cobra maior relevancia nun momento tan crudo como o que estamos a vivir.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas