Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

V Certame de Recolla do Patrimonio Oral

Correo-e Imprimir PDF

Ponte...nas ondas! presenta a convocatoria do V CERTAME DE RECOLLA DO PATRIMONIO ORAL

Lema:"As bibliotecas vivas:historias de vida"

Seguindo coas características fundamentais que o certame vén mantendo dende os seus comezos, queremos propor aos centros escolares galegos e portugueses seguir afondando no descubrimento e divulgación dos feitos máis importantes do noso patrimonio a través dos seus portadores, verdadeiros Tesouros Vivos, e converter en Bibliotecas Vivas as súas historias de vida e de coñecemento do noso patrimonio.

 

Dentro do ámbito escolar, utilizando a metodoloxía da etnografía, pretendemos que  acheguedes a análise das historias de vida dos nosos portadores en distintos contextos sociais e históricos, reflexionando na  relación existente entre a memoria individual e a colectiva, estratexias a seguir nunha investigación de equipo e os diferentes modos de acceso á memoria así como da influencia dos modelos culturais nese "contar a vida".

Proximamente remitirémosvos as bases completas deste certame aínda que xa podemos adiantarvos que haberá importantes premios para os gañadores de cada categoría (primaria,secundaria,bacharelato, profesional e universitario).

Convidamos a todos os centros a que participedes nas dúas convocatorias xa que son perfectamente complementarias, e pódese  aproveitar o mesmo material adaptándoo aos requerimentos de cada unha delas.

O calendario para participar será o seguinte:

+ info:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas