Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

VI Certame de recolla do Patrimonio Oral Galego Portugués

Correo-e Imprimir PDF

 Tema:"Ponte a contar”

Seguindo coas características fundamentais que o Certame vén mantendo dende hai xa seis anos, queremos propor aos centros escolares galegos e portugueses seguir afondando na  divulgación do noso patrimonio cultural descubrindo e rescatando nesta convocatoria os contos populares.

Próximamente remitirémosvos as bases completas deste certame aínda que xa podemos adiantarvos que haberá importantes premios para os gañadores de cada categoría ( primaria, secundaria, bacharelato, ensino profesional e universitário ).

Instamos a todos os centros a que participedes nas dúas convocatorias xa que son perfectamente complementarias, e pódese  aproveitar o mesmo material adaptándoo aos requerimentos de cada un dos dous programas.

O calendario para participar será o seguinte:

INSCRICIÓN

O prazo para inscribirse en ambas convocatorias rematará o día 15 de decembro de 2011. Hai que enviar debidamente cumprimentada a ficha correspondente á actividade na que se quere participar ou as duas, no caso de querer participar en ambas, a:    Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo "> Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

PRAZOS ENTREGA

  • VI Certame de Recolla do Patrimonio. O prazo de recepción dos traballos rematará o día 28 de maio. O resultado do Certame darase a coñecer en setembro de 2012.
 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas