Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Oito horas de emisión en directo desde o IES Terra de Turonio celebran a apertura de Escolas nas Ondas

Enviar por E-mail Versão para impressão PDF

Celebrando o Día Mundial da Radio con radio en directo desde Gondomar.

Unha intensa xornada de radio en directo marcou o inicio do portal ESCOLAS NAS ONDAS que a partir deste Día Mundial da Radio de 2017 acollerá as producións audiovisuais das escolas galegas e portuguesas e dos países da lusofonía.

Ás 10 da mañá Adrián e Carlos, de 1º da ESO procedían a realizar a presentación da xornada co reitor da Universidade de Vigo agardando para ser entrevistado e para mostrarlle á audiencia o novo portal que vai permitir darlle voz ás escolas.

Toda a información en Escolas nas Ondas!

 

Obradoiros 'Escolas nas Ondas': no CEIP Otero Pedrayo, en Vigo

Enviar por E-mail Versão para impressão PDF

Era o xoves 17 de novembro, unha mañá soleada en Vigo, e con moito ánimo diríxome ao CEIP Otero Pedrayo.

Esta maña tocábame compartir con rapaces e rapazas de 5º. Eran 21. Moitos rapaces moi inquedos por aprender… e si, aprenderon e pasárono ben.

Polo menos iso é o que me dixeron ao rematar. Penso que quedaban con gañas de máis…. Supoño que ao longo do trimestre terán ocasión de rematar o seu podcast e de crear novos.

 

 

A radio es ti! Participa con nós no Día Mundial da Radio!

Enviar por E-mail Versão para impressão PDF

Día da Radio 2017

O vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e Ponte...nas Ondas! estrea o seu portal Escolas nas Ondas, o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o ámbito da lusofonía.

A escolas poden enviar os programas ou podcasts que desexen ao enderezo Este endereço de e-mail está protegido de spam bots, pelo que necessita do Javascript activado para o visualizar . Se están subidos en calquera plataforma (Ivoox ,Sound Cloud, etc.) poden mandarnos o enlace para que nós incorporemos os programas ao portal. Se queredes empregar tamén a imaxe, subide o vídeo e mandádenos o enlace do lugar  onde estea aloxado. Hai unha canle de vídeo para os traballos das escolas.

PARTICIPACIÓN ABERTA A TODO O MUNDO a través de WhatsApp

Envío de MENSAXES DE AUDIO ( Whats App) para o Día Mundial da Radio arredor do lema A RADIO ES TI !  Cóntanos a túa experiencia coa radio !  Mensaxes ao número: 634 878 120

 

Obradoiros 'Escolas nas Ondas': No Colexio Virxe da Luz, en Portomarín

Enviar por E-mail Versão para impressão PDF

Desta volta, na viaxe a Portomarín o pasado 16 de novembro, houbo a sorte de facer o obradoiro con poucos rapaces e rapazas, o que nos permite moito máis tempo para adicar a cada tema. Estivemos un bo anaco practicando lecturas dramatizadas.

E nótase que unha vez pasado o medo inicial, os alumnos sóltanse….  e anímanse a participar. Practicamente tentando esconder a vergoña nalgún lugar fora da aula. Foron quen de practicar co Audacity, e quedaron pendentes de rematar o podcast ao longo da semana.

 

 

curso radio online20

Día Mundial da Radio 2015

dia mundial radio entroido2015

Especial 20 anos

banner web 20anos

XX anos nas ondas

bibliotecas vivas

tesouros vivos

campusculturae

O Xurado do VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa falla os premios

O Xurado do VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa falla os premios

O VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa, convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ond... Continuar...
MELGAÇO BRINCOU COM 500 JOVENS DE 12 ESCOLAS

MELGAÇO BRINCOU COM 500 JOVENS DE 12 ESCOLAS

A Associação Cultural e Pedagógica Ponte...nas ondas! com o apoio da Câmara Municipal de Melgaço e a colaboração da AECT e a ...

Continuar...
XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

 

XII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

Dentro da campanha pela inscrição na Lista Representativa da UNESCO do Património I...

Continuar...
Jornada de comunicação

Jornada de comunicação

 

Ponte...nas ondas! é o nome que recebe a jornada de comunicação interescolar que no ano de 1995 nascia nas margens do Minho p...

Continuar...

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas