Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Tastarabás

Enviar por E-mail Versão para impressão PDF
Tastabaras

Froito de dez anos de traballo, velaquí temos Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, o autor, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica.

Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1.000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construción, as súas variantes, os lugares de recolla das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles. Velaquí un libro de divulgación que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron e forman parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros.

Antón Cortizas (Autor/a)
David Sierra Martínez (Ilustrador/a)

  • Papel
  • 22,5 x 28 cm
  • Cartonado
  • 1080 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-9914-486-3
  • Código: 1334036
  • 46,15€ IVE non incluído
  • 48,00€ IVE incluído
  • Marzo 2013
 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas