Wooden Beads

Ponte...nas ondas!

Obradoiros 'Escolas nas Ondas': no CEIP Otero Pedrayo, en Vigo

Enviar por E-mail Versão para impressão PDF

Era o xoves 17 de novembro, unha mañá soleada en Vigo, e con moito ánimo diríxome ao CEIP Otero Pedrayo.

Esta maña tocábame compartir con rapaces e rapazas de 5º. Eran 21. Moitos rapaces moi inquedos por aprender… e si, aprenderon e pasárono ben.

Polo menos iso é o que me dixeron ao rematar. Penso que quedaban con gañas de máis…. Supoño que ao longo do trimestre terán ocasión de rematar o seu podcast e de crear novos.

 

 

Aínda que había un pouco de vergoña á hora de interpretar os textos…. Despois todos querían participar e repetir.

Ata tivemos a sorte de que unha profe, Sara, se animase a gravar un parágrafo no podcast do cole… O importante é que se deron conta do difícil que era, e o doado que pode chegar a ser, só practicando… Ben, paseino moi ben no cole Otero Pedrayo, agardo con moito entusiasmo escoitar algún dos podcast que, prometeron, farán e subirán ao portal de Escolas nas Ondas….

Un pracer traballar no CEIP Otero Pedrayo de Vigo. Aquí podedes escoitar un exemplo do que fixeron.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas