Unha historia chea de recoñecementos

  • pt-pt
  • gl
  • es
  • en

Resolución de apoio da EBLUL ( European Bureau for Lesser Used Languages )

En 2004, a Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE…NAS ONDAS! recibiu un recoñecemento especial do European Bureau for Lesser Used Languages (EBLUL), que aprobou unha resolución de apoio ao traballo do colectivo.

Premio Galicia de Comunicación

En 2005 a Xunta de Galicia outórgalle a Ponte…nas ondas! o Premio Galicia de Comunicación á “Mellor iniciativa no campo da comunicación”.

Premio “Bos e Xenerosos”

No ano 2005 a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecen o labor de Ponte…nas ondas! co Premio “Bos e Xenerosos” , destinado a organizacións e entidades que desenvolven un importante labor cultural.

“Selo de boa práctica Ibero-americana”

En 2013, o Ministerio de Cultura, Educación e Deporte de España outorgaba a PONTE…NAS ONDAS! o “Selo de boa práctica Ibero-americana” tendo en conta, entre outros aspectos, “a calidade da experiencia na orixinalidade e creatividade, ao explorar enfoques innovadores adecuados ao contexto no cal se desenvolve, transferible a outros medios e países da comunidade Ibero-americana”.

Xuíz Honorário do Couto Mixto

Ese mesmo ano 2013, a Asociación PONTE…NAS ONDAS! foi recoñecida como Xuíz Honorário do Couto Mixto (enclave territorial na fronteira galego-portuguesa que gozou de independencia no pasado).

Premio Ondas

En 2014 a Asociación recibe o premio ONDAS (o máis prestixioso premio de comunicación en España) pola “mellor cobertura informativa do patrimonio imaterial galego-portugués”.

ONG Consultora oficial da UNESCO

En 2016, a UNESCO acredita a PONTE…NAS ONDAS! como ONG consultora para o Patrimonio Inmaterial.

Premio Lois Peña Novo

En 2017, a Fundación Lois Peña premiou o traballo que PNO! fai na implicación de diversos sectores pero sobre todo da mocidade utilizando a lingua e defendendo un xeito de ser e unha cultura propia.