Ponte... nas Ondas!

#EuQuedoNaCasa – PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A CORENTENA


O Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial galego-portugués chega á súa terceira edición. Participa enviando as túas imaxes

Consiste en recuperar fotos antigas que posúen as familias, dixitalizalas e redactar un breve texto explicando a imaxe. Un certame de fotografías antigas para realizar en familia e na que a xente nova pode coñecer moitos aspectos do patrimonio cultural que se encontra documentado nas fotografías familiares. Con estas imaxes accédese a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas polas novas xeracións.

As imaxes dos álbums familiares conteñen moitas destas manifestacións e vivencias que poden ser descoñecidas polo alumnado dos centros educativos. Precísase que a xente máis nova coñeza o seu pasado recente e que sexa quen de interpretalo. Neste labor de transmisión e vivencia das imaxes é necesaria a implicación da familia para axudar a comprender os contextos onde se produciron as expresións culturais documentadas.

Entre todos os participantes no «Trivial 25 aniversario» sortearemos unha fin de semana nunha casa de turismo rural certificada por Galicia Calidade. Preme aquí, participa e deixa o teu correo!