O Entroido en directo
IES Salvaterra – (Salvaterra do Miño)
Entroido no CEP Carlos Casares (Salvaterra)
IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)
VÍDEOS DO DÍA MUNDIAL DA RADIO
Día Mundial da Radio – Nas Ondas do Entroido (2015)
Ponte…nas ondas! celebra o Día Mundial da Radio acolléndose á proposta da UNESCO que dedica esta edición á relación da xuventude coa radio.
Ponte…nas ondas! promoveu no pasado ano o Manifesto das Radios Escolares que se fixo público o 13 de febreiro de 2014 con motivo do Día Mundial da Radio. O manifesto, apoiado por radios escolares de España, Portugal, Colombia, Brasil e Chile, reivindicaba unha canle de emisión e un apoio para estas iniciativas de comunicación que fomentan a participación dos xoves.
A UNESCO dedícalle a celebración deste Día Mundial da Radio á xuventude e á radio e promove unha serie de accións destinadas a darlle visibilidade á participación da xuventude na radio.
Ponte…nas ondas! vén promovendo o emprego da radio nas escolas como unha potente ferramenta pedagóxica para que o alumnado desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.
Ponte…nas ondas! foi pioneira en demostrar as posiblidades comunicativas da Radio Escolar tanto no Ensino Primario coma no Secundario e Universitario, constituíndo un eixo transversal e vertebrador onde conflúen todas as áreas do ensino complementando e completando dun xeito eficaz o labor realizado dentro das aulas.
A radio é o medio da oralidade, o medio que máis contribúe a mellorar a competencia oral e comunicativa. É fundamental que a xuventude desenvolva estas capacidades na escola, nos medios de comunicación e nas redes sociais.
A UNESCO instituíu o día 13 de febreiro como Día Mundial da Radio e neste 2015 o tema é “ a xuventude e a radio “. Para Ponte…nas ondas! é unha unha boa oportunidade para convidar aos centros educativos da Eurorrexión a participar nesta festa da comunicación radiofónica.
Coincide ademais co ciclo do Entroido, unha das manifestacións máis representativas do patrimonio inmaterial galego-portugués que pretendemos que sexa inscrito na Lista Representativa da UNESCO.
Por esta razón, propomos que a celebración sirva de ponte entre a radio e o entroido, facendo do día 13 unha data para reivindicar a radio nas escolas e o noso patrimonio común.
A directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, di:
«A xuventude non está suficientemente representada nos medios de comunicación, e esta exclusión é con demasiada frecuencia un reflexo da súa exclusión social, económica ou democrática. Os xoves produtores ou difusores son aínda pouco numerosos. Escasean tamén os programas dedicados á xuventude e as emisións elaboradas por xoves. Este déficit explica os numerosos estereotipos sobre os xoves que circulan nos contidos editoriais e nas ondas.
A radio ofrece medios para o cambio.
É un vector de cohesión, de educación e de cultura.»
http://www.diamundialdelaradio.org
Ponte…nas Ondas !