25 Pontes

25 Pontes é un proxecto de dinamización do patrimonio cultural inmaterial galego a través de pezas interactivas e audiovisuais, así como de posta en valor deste patrimonio no marco da presentación da iniciativa Ponte… nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO. O fío condutor da proposta é o traballo da asociación cultural e pedagóxica ao longo dos seus vinte e cinco anos de actividade.

Cada peza interactiva centra a atención nun elemento do patrimonio inmaterial (Entroido, lendas, refráns, contos, recitados, colleitas, vocabulario do mar, magosto, regueifas, xogos tradicionais, danza, vendima, fiadeiros, oficios tradicionais, emigración, vivencias persoais de acontecementos históricos etc) e nos diferentes campos de traballo de PNO!.

O proxecto inclúe tamén un conxunto de actividades didácticas interactivas para a utilización no ámbito escolar.

Presentación de PNO!

Lista completa – 50 vídeos