Aviso Legal

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo URL www.pontenasondas.org (en adiante sitio web) é operada pola Asociación Cultural e Sociopedagóxica Ponte…nas Ondas! (en diante PNO), con CIF B-70296215, con domicilio social na Rúa Colón 17 6ºD – 36201 Vigo.

O acceso e uso do sitio web polo/a usuario/a supón que acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir os termos e condicións recollidos no presente aviso legal. Polo tanto, debe lerse atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se vaia utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso poden sufrir modificacións.

Condicións de uso
O acceso ao sitio web é gratuíto.
O/a usuario/a comprométese a non utilizar o sitio web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos de PNO ou de terceiras persoas. Comprométese, así mesmo, a non realizar ningún acto co obxecto de prexudicar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impida, de calquera forma, o normal uso e funcionamento deste.

No caso de incumprimento do contido do presente aviso legal, da política de privacidade ou de calquera outro termo ou condición particular recollidos no sitio web, PNO resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o acceso ao sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual sobre a disposición dos contidos do sitio web, o seu deseño gráfico, os programas de ordenador subxacentes, así como os distintos elementos que integran o sitio web: textos, gráficos, fotografías, vídeos, gravacións sonoras etc., é dicir, os contidos, corresponden a PNO. Os contidos acollidos a licenzas creative commons e similares atoparanse indicados en cada caso.

O uso do sitio web non supón a cesión de dereito ningún de propiedade intelectual ou industrial sobre o sitio web, os contidos ou os signos distintivos de PNO. Para tal efecto, mediante o presente aviso legal (e salvo naqueles supostos nos que estea legalmente permitido ou medie autorización previa de PNO), queda expresamente prohibida a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción ou reutilización do sitio web, os seus contidos ou os signos distintivos de PNO.

Sitios enlazados
Co fin de facilitar información adicional, pódense incluír diversas ligazóns que permitan acceder a outras páxinas web (sitios enlazados). Nestes casos, PNO actúa como un prestador de servizos de intermediación, segundo o disposto no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na citada lexislación, PNO non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos sitios enlazados, salvo que teña coñecemento efectivo da ilegalidade e non desactivase a ligazón coa debida dilixencia.

En ningún caso a existencia dos sitios enlazados comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade de PNO coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos ditos sitios. En consecuencia, PNO non se fai responsable do contido dos sitios enlazados, nin das súas condicións de uso e as políticas de privacidade, sendo a persoa usuaria a única responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda a eles e os use.

No suposto de que o/a usuario/a considere que existen nos sitios enlazados contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou inadecuados, poderá poñelo en coñecemento de PNO a través do seguinte enderezo de correo electrónico: pontenasondas@pontenasondas.org.

Responsabilidade de PNO
PNO non se responsabiliza dos danos e prexuízos causados ao/á usuario/a como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. PNO non garante a total seguridade dos seus sistemas e, aínda que ten adoptadas medidas de seguridade adecuadas, non descarta totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o/a usuario/a debe ser precavido/a na interacción co sitio web.

Protección de datos

De conformidade co establecido na normativa vixente en Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os seus datos serán incorporados ao sistema de tratamento titularidade de PNO con CIF B-70296215 e domicilio social na Rúa Colón 17 6ºD – 36201 Vigo, coa finalidade de atender as súas consultas e remitirlle información relacionada que poida ser do seu interese. En cumprimento da normativa vixente, PNO informa de que os datos serán conservados durante o prazo estritamente necesario para cumprir os preceptos mencionados con anterioridade.

Mentres non se comunique o contrario, entenderase que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificar calquera variación e que presta o seu consentimento para utilizalos para as finalidades mencionadas.

PNO informa de que procederá a tratar os datos de maneira lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. PNO comprométese a adoptar todas as medidas razoables para que estes se supriman ou rectifiquen sen dilación cando sexan inexactos.

De acordo cos dereitos que lle confire a normativa vixente en protección de datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal así como ao consentimento prestado para o tratamento destes, dirixindo a súa petición ao enderezo postal indicado máis arriba ou ao correo electrónico pontenasondas@pontenasondas.org.

Á súa vez, infórmase de que pode contactar co Delegado de Protección de Datos de PNO, dirixíndose por escrito ao enderezo de correo pontenasondas@pontenasondas.org.

Poderá dirixirse á Autoridade de Control competente para presentar a reclamación que considere oportuna.
Co envío do formulario de recollida de datos vostede acepta a política de privacidade de PNO.

Política de privacidade
O acceso e utilización do sitio web www.pontenasondas.org supón a aceptación na súa totalidade e a obriga de cumprir por completo os termos e condicións recollidos na presente política de privacidade. A prestación do servizo do sitio web ten unha duración limitada ao tempo en que o/a usuario/a manteña a conexión co sitio web ou a algún dos servizos que a través deste se facilitan. Polo tanto debe lerse atentamente a presente política de privacidade en cada unha das ocasións en que se dispoña a utilizar o sitio web, xa que ésta pode sufrir modificacións.
En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento, PNO informa ao usuario/a de que os datos obtidos a través do sitio web se incorporarán a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do que é responsable a asociación.

PNO utilizará os datos persoais do/a usuario/a para os fins que se indican nos diversos formularios incluídos nesta páxina, de xeito que se poidan atender as relacións que poidan xurdir entre a institución e os/as usuarios/as como consecuencia das solicitudes ou xestións expresadas nos ditos formularios.

Así mesmo, ao facer clic no botón “Enviar” incorporado nos formularios, o/a usuario/a declara que a información e os datos que facilitou neles son exactos e veraces.

Seguridade
PNO levou a cabo as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garanten a seguridade dos datos da persoa usuaria e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, todo iso en cumprimento do disposto no título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD.

Para protexer os seus datos persoais, PNO toma todas as precaucións razoables e segue as mellores prácticas para evitar a súa perda, mal uso, acceso indebido, divulgación, alteración ou destrución dos mesmos.

O sitio web www.pontenasondas.org está aloxado no servizo proporcionado pola Universidade de Vigo, segundo o convenio de colaboración establecido entre PNO e a mencionada institución. A efectos técnicos, PNO remítese aos protocolos establecidos polo servizo de aloxamento da institución.

Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
Ponse no seu coñecemento que poderá exercitar, en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos mediante a remisión dunha comunicación escrita ao enderezo de PNO. Dita comunicación deberá ir dirixida ao enderezo electrónico pontenasondas@pontenasondas.org.

Política de Cookies
Ao igual que outros sitios web, a páxina de PNO utiliza unha tecnoloxía denominada cookies para obter información acerca do uso do sitio web.

PNO informa de que pode utilizar cookies no seu equipo que sexan necesarias para a navegación polo sitio web.

Tipo de cookies que usa o sitio web
O sitio web utiliza cookies de sesión. Estas cookies recollen e almacenan datos unicamente mentres o/a usuario/a accede ao sitio web e permítenlle ser recoñecido/a no dito sitio, de xeito que calquera cambio que realice ou calquera dato que introduza recordarase dunha páxina a outra.

O nome de dominio do servidor que transmite e activa os procedementos automáticos de recollida é pontenasondas.org e o seu prazo de validez é de 30 días, transcorridos os cales son automaticamente borrados os arquivos cookie.

Inhabilitar e bloquear cookies
En calquera caso, PNO informa de que, dado que as cookies non son necesarias para o uso do sitio web, o/a usuario/a pode bloquealas ou inhabilitalas na configuración do seu navegador, o cal lle permite rexeitar a instalación de todas as cookies ou dalgunhas delas. A maioría dos navegadores permiten advertir da presenza de cookies ou rexeitalas automaticamente. Se se rexeitan, poderá seguir usándose o sitio web, aínda que o uso dalgún dos seus servizos poderá ser limitado.

Cambios na política de cookies
É posible que PNO actualice a presente política de cookies do sitio web, polo que se recomenda revisar esta política cada vez que se acceda ao sitio web, co obxectivo de informarse sobre como e para que se usan as cookies.

Contacto
En caso de dúbida, comentario ou suxestión sobre a política de cookies, por favor escriba a: pontenasondas@pontenasondas.org