BIBLIOTECA VIVA DO PIGP
Nesta sección móstrase o labor de recolla e recoñecemento das persoas portadoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ( PIGP ) realizado desde os centros educativos galegos e portugueses.
Son unha mostra da transmisión dos saberes que estas “bibliotecas vivas” atesouran e que constitúen a manifestación máis actual da vitalidade e diversidade deste patrimonio.
Ponte…nas ondas ! convida a todas as persoas e colectivos a achegar o seu contributo a esta BIBLIOTECA VIVA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS en forma de vídeo ou audio con mostras de persoas portadoras do noso patrimonio común.
Na programación da XVII edición de Ponte…nas ondas! realizada o 1 de xuño de 2011 encontramos mostras destas BIBLIOTECAS VIVAS que terán neste espazo unha xanela aberta ao mundo.