Ponte... nas Ondas!


APOIO Á INSCRICIÓN DA CANDIDATURA DE PONTE…NAS ONDAS ! AO REXISTRO DAS BOAS PRÁCTICAS DE SALVAGARDA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO

[huge_it_forms id=”11″]

PONTE…NAS ONDAS! CANDIDATA AO REXISTRO DAS BOAS PRÁCTICAS CO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO

Portugal e España presentaron na sede da UNESCO a candidatura de Ponte…nas ondas! ao rexistro das Boas Prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.

Queres saber que é o Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) ?

O “patrimonio cultural inmaterial”, segundo a UNESCO, son “os usos, as representacións, as expresións, os coñecementos e técnicas –xunto cos instrumentos, obxetos, artefactos e espazos culturais que lle son inherentes– que as comunidades, os grupos e nalgúns
casos os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural. Este patrimonio cultural inmaterial, que se transmite de xeración en xeración, é recreado constantemente polas comunidades e grupos en función do seu entorno, a súa interacción coa natureza e a súa historia, infundíndolles un sentimento de identidade e continuidade e contribuíndo así a promover o respeto da diversidade cultural e e a creatividade humana.”

Cales son as Listas do PCI da UNESCO?

  • Lista representativa
  • Lista de PCI que require medidas de salvagarda urxente
  • Rexistro das boas prácticas

Que son as boas prácticas ?

Son aquelas accións ou proxectos que no ámbito dos estados ou internacionalmente que mellor desenvolvan os principios e obxectivos da Convención de Salvagarda do PCI.

Cal é o procedemento para a inscrición ?
Unha vez presentada a candidatura por Portugal e España, neste caso multinacional, antes do 31 de marzo de 2021, o proceso continúa con este calendario:

  • 30 xuño: Data límite para avaliar o expediente por parte do Comité. Pódese requerir información ou documentación complementaria.
  • 30 setembro: Data límite para remitir a información solicitada, se for o caso.
  • De decembro a abril 2022: Exame das propostas presentadas polo Órgano Subsidiario.
  • De maio a xuño: Reunión de exame final das propostas.
  • Novembro 2022: O Comité avalía as propostas seleccionadas e adopta a decisión de inscrición.

Por que Ponte…nas ondas! é unha boa practica ?

Nos principios da Convención de Salvagarda do PCI dáselle un papel fundamental á educación como forma de preservar e transmitir o PCI ás novas xeracións. Recoméndase facer paryicopar aos xoves na recompilación e na difusión do patrimonio das súas comunidades.

Isto é o que vén facendo PNO! Desde hai máis de dúas décadas, re-transmitindo o patrimonio inmaterial galego-portugués.