En maio, Ponte… a xogar!

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!
propón converter os patios dos centros escolares
galegos e portugueses en grandes espazos
lúdicos nos que, durante os tempos de lecer, se
reflicta a nosa cultura mediante a práctica de xogos
tradicionais durante todo o mes de maio.

A últimos de abril suxeriremos un conxunto de
xogos coas súas descricións que serán presentados
polos profesores e profesoras aos nenos e nenas
para que, libremente, escollan o que queiran practicar
cada día no tempo de lecer.

Cada escola decidirá cantos días da semana adicar
a esta actividade e, ao final do mes poderá mandar
fotos ou vídeos tomadas nos tempos de práctica
dos xogos propostos para a súa posterior publicación
nas nosas páxinas. Tamén publicaremos podcast
feitos sobre calquera aspecto da cultura do xogo
tradicional.

Tódolos xogos terán características inclusivas non
plantexando diferencias por sexo nin ningunha outra
característica persoal.

A proposta inclúe xogos estáticos e outros máis
dinámicos para que se adapten a todas as situación
tanto de carácter persoal como climatolóxico.
Naturalmente cada escola poderá completar a gama
dos xogos a practicar con aqueles que considere
oportuno aínda que non figuren na proposta.

Preme na imaxe para descargar a lista de xogos

Ponte a xogar …cantando!

so-musica

Só música (mp3)

Só música (wav)

so-voces

Só voces (mp3)

Só voces (wav)

os-textos-da-cancion

Texto (mp3)

video-a-ponte-215px

Vídeo (mp3)

Xogos tradicionais – Actividades interactivas