TESOUROS VIVOS DO PIGP

OS TESOUROS HUMANOS VIVOS DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

Segundo a UNESCO, os Tesouros Humanos Vivos son indivíduos que posúen en elevado grao as habilidades e técnicas necesarias para crear ou producir determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial.

Os Tesouros Vivos son as testemuñas máis sobranceiras das tradicións culturais vivas e tamén do talento creativo de grupos, comunidades e indivíduos presentes no territorio.

O Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués posúe abondantes exemplos espallados por todo o territorio. Ponte…nas ondas! vén recoñecendo e identificando a estas persoas e grupos de portadores que avalaron a presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO no ano 2004.

No ano 2009 Ponte…nas ondas! dedicoulle a XV edición da xornada de comunicación interescolar a O PATRIMONIO DOS TESOUROS VIVOS. Os centros educativos de Galícia e Portugal desenvolveron unha programación onde se identificaron e recolleron mostra destes Tesouros Vivos.

Entre novembro de 2012 e setembro de 2013, Ponte…nas ondas! realizou o proxecto TESOUROS VIVOS DO MAR (http://tesourosvivos.webs.uvigo.es ) un estudo e inventario das persoas e grupos de portadores da cultura marítima que se poden considerar “tesouros vivos” do patrimonio marítimo.

Este proxecto, presentado polo Concello de A Guarda, que forma parte do GAC 7 Ría de Vigo – A Guarda, obtivo deste organismo parte do financiamento para a súa execución. Tal como se recollía no plano presentado, contouse coa colaboración  da Confraría de Pescadores Sta. Tecla de A Guarda, a Asociación de Redeiras Atalaia do Baixo Miño e a Organización de Palangreiros de A Guarda.

Preme na imaxe para ir á web

Ponte…nas ondas! está a solicitar das administracións o recoñecemento dos Tesouros Vivos como testemuñas culturais vivas e integrantes do patrimonio cultural galego-portugués. Demandamos a creación do Sistema dos Tesouros Vivos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Pedimos tamén á sociedade galega e portuguesa que identifique a estes TESOUROS VIVOS e que nos envíen á nosa Asociación unha ficha e o material documental acreditativo dos seus saberes e coñecementos.

“Os Tesouros Humanos Vivos”, un traballo de recuperación e posta en valor da memoria cultural galego – portuguesa

A Deputación de Pontevedra, a través do proxecto Smart Minho, presentou con motivo da véspera do Día Mundial do Patrimonio Cultural a iniciativa “Os Tesouros Humanos Vivos”
video

Tesouros Vivos do Mar de A Guarda: o documental

Documental proxecto de recuperación do Patrimonio Inmaterial Marítimo de A Guarda a través da figura dos Tesouros Humanos Vivos.

Un mar de tesouros: o libro

O proxecto realizado no Concello de A Guarda, entre novembro de 2012 e setembro de 2013, consistiu na realización dun estudo e inventario das persoas e grupos de portadores da cultura marítima que se poden considerar “tesouros vivos” do patrimonio marítimo.

Os tesouros do patrimonio inmaterial galego-portugués

Artigo no na sección Escola do xornal Faro de Vigo El grupo de trabajo sobre los...

Falan as Bibliotecas Vivas

O 26 de maio Ponte...nas ondas ! realizou no Museo do Verbum de Vigo a primeira Biblioteca Viva do patrimonio cultural galego-portugués. Unha xornada á que estiveron convidados os centros educativos da Eurorrexión ata completar o aforo.

XVII Ponte… nas Ondas! 2011: As Bibliotecas Vivas

Unha Biblioteca Viva (Living Library) é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos

"Unha experiencia sen precedentes na historia das relacións culturais entre os pobos de aquén e de alén Miño."
(F. Fernández del Riego, 2002)

LETRAS GALEGAS 2023