XORNADA DE COMUNICACIÓN MULTIMEDIA
Ponte…nas ondas! é o nome que recibe a xornada de comunicación interescolar que no ano 1995 nacía nas beiras do Miño promovida por centros educativos de ambas marxes.
Desde aquela primeira edición de unha xornada de radio interescolar a experiencia foi evolucionando e adaptándose ás novas tecnoloxías da comunicación que permitiron alongar a ponte a outros territorios que hoxe participan na xornada de comunicación.
A actividade integra o labor dos diferentes niveis de ensino que poden participar anualmente. A Universidade de Vigo realiza a emisión por Internet e ofrece o soporte técnico. Ponte…nas ondas! ofrece aos centros educativos a oportunidade de mostrar os seus traballos de creación audiovisual arredor dun tema proposto en cada edición.