Ponte... nas Ondas!

Intensas xornadas do grupo europeo sobre os grandes tesouros

O grupo de traballo europeo GRUNDTVIG sobre os Tesouros Humanos Vivos visita a Eurorrexión para coñecer directamente aos Tesouros Humanos do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Este equipo está formado por entidades de Polonia, Grecia, Letonia, Estonia, España e Portugal que traballan co patrimonio cultural inmaterial nos seus países.

O proxecto europeo Grundtvig-GRAND TREASURES, promovido polo departamento de Educación e Cultura da Unión Europea procura estudar e divulgar os Tesrouros Humanos Vivos do Patrimonio Inmaterial dos respectivos países. Este grupo constituíuse en setembro de 2011 e xa celebrou a súa reunión constitutiva o pasado mes de decembro en Polonia.

A Asociación Ponte…nas ondas! é a anfitriona da visita á Eurorrexión onde ademais de realizar xornadas de traballo do propio grupo, tamén coñecen directamente a persoas e grupos de portadores das manifestacións do patrimonio inmaterial galego-portugués. O grupo formado por 16 representantes das 6 entidades vai ter o seu aloxamento no concello de Valença do Minho, sede da Asociación Ponte…nas ondas!

O sábado 18 pola mañá mantiveron a primeira xornada de traballo na Biblioteca Municipal de Valença do Minho. Pola tarde deprazáronse ao Concello de A Guarda onde visitaron o Museo e a citania de Santa Tegra, e mativeron un encontro coa Asociación de Mulleres Redeiras Atalaia. A seguir foron recibidos no Concello polo alcalde Xosé Manuel Freitas e a concelleria de Turismo quen presentaron o proxecto de recuperación dos Tesouros Vivos que o Concello de A Guarda vai poñer en marcha en colaboración con Ponte…nas ondas! Tamén no mesmo concello degustaron unha mostra de produtos do mar ofrecidos pola empresa ORPAGU Gourmet.

O domingo 19 a viista comezou en Melgaço, nas pesqueiras do rio Minho mantiveron un encontro con pescadores e asistiron á preparación tradicional da lamprea. Pola tarde visitaron o Museo da Memória onde escoitaron as historias do contrabando na fronteira da man de un portador de 81 anos que detenta unha historia de vida singular relacionada co río Miño, a emigración e o contrabando.

O luns 20 pola mañá o grupo manterái unha nova sesión de traballo en Valença. De seguido realizará unha recepción na Câmara Municipal e unha visita polo núcleo histórico de Valença. Pola tarde visitarán o Concello de Salceda de Caselas onde asistirán a un encontro co grupo do Rancho de Reis e a unha demostración desta danza. O grupo será recibido no Concello, que presentará o proxecto de recuperación do Rancho de Reis contando cos Tesouros Vivos que ainda manteñen esta tradición.

O martes 21 o grupo asistirá  no concello de Ponte da Barca, no Lindoso, a celebración do Pai Velho, unha das manifestacións máis auténticas do entroido da Eurorrexión. As actividades finalizarán con unha sesión de traballo na Cámara Municipal de Ponte da Barca. Desde esa localidade partirán para o Porto desde onde regresarán aos respectivos países.

O grupo de traballo está constituído polas seguintes entidades :

  • Polonia: UNESCO Iniciatives Centre, é unha asociación con sede en Bratislava que realiza proxectos de recuperación do patrimonio traballando en comunidades pequenas con actividades de dinamización cultural.
  • Grecia: MEDIA DELL’ ARTE Creative Team, e ún grupo de investigación que traballa nas illas gregas facendo recolla do patrimonio oral. Teñen un arquivo audiovisual e realizan actividades de dinamización cultural nas illas aínda que a súa sede está en Atenas.
  • Letonia: Latvian National Commission for UNESCO (UNESCO LNC) é unha institución oficial que promove as actividades e proxectos da Unesco en Letonia. A súa sede está en Riga.
  • Estonia: MTÜ Kultuur aitab Niigata, é unha asociación que traballa na recuperación da memoria dunha zona Estonia a partir de arquivos fotográficos.
  • De Galiza e Portugal forman parte as asociacións Xandobela de Santiago de Compostela, que realiza traballos de dinamización do patrimonio, e a Asociación Ponte…nas ondas! que é coñecida polo seu labor de divulgación e transmisión do patrimonio común galego-portugués ás novas xeracións.

+ info: web http://grandtreasures.webnode.cz/

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas