Ponte en contacto coa asociación no enderezo: ondas@pontenasondas.org

OBRADOIROS “ ESCOLAS NAS ONDAS”
Unha sesión práctica de radio escolar para alumnado de todas as idades
Trabállase a radio desde a oralidade (dicción, locución, proxección e interpretación). Gravación e edición de audio. Preparación de podcast e aloxamento en plataformas dixitais.
Montaxe dunha emisora no centro, instalación básica. Elaboración dun programa de radio, deseño e tipoloxía de programas, guión técnico e narrativo, escaleta, temas e músicas.
Opción de facer dúas sesións durante unha mañá para 2 grupos de alumnado

OBRADOIROS “O PATRIMONIO NAS ONDAS”
Un percorrido co patrimonio musical galego-portugués para todas as idades e espazos. Conta cunha exposición de instrumentos de corda históricos que poden ser manipulados e interpretados polo alumnado.
O formato será o dun magazine radiofónico conducido por alumnos/as que farán unha presentación e terán guionizada toda a sesión onde se contemplan as intervencións en directo de Pancho Álvarez, a emisión de gravacións e a proxección de vídeos e carteis, ademais da participación de alumnado.
A partir da presentación inicial, os condutores do programa irán preguntándolle a Pancho Álvarez polo proxecto “O patrimonio nas ondas” baseado no seu traballo “Cordas históricas”. El presentará diversos instrumentos musicais de distintos períodos históricos, con interpretacións de Pancho Álvarez e alumnado voluntario.
Radio
* Un grupo de alumnos/as conduce un programa con Pancho Álvarez como convidado (gravación audio e vídeo).
* Guionización previa a cargo do alumnado.
Patrimonio
* Mostra de instrumentos históricos de corda
* Pancho Álvarez interpreta unha variada selección de temas do repertorio tradicional galego-portugués coa opción de participación do alumnado.
Vídeo demo: https://www.youtube.com/watch?v=sElhsMSBhIY
OBRADOIRO “FALAMOS NAS ONDAS”
Unha sesión práctica co alumnado para realizar a gravación dun podcast en directo. Máximo 30 alumnos/as.
Un grupo de alumnado prepara o guión e a organización do podcast con contidos seleccionados por eles. Practican e aprenden a gravar un podcast en directo da man de Damián Alonso (actor de dobraxe).
Outro grupo prepara con Pancho Álvarez as músicas que van interpretar en directo na gravación do podcast, con instrumentos e voces.
Despois, os dous grupos xúntanse para gravar un podcast en directo.

Ponte en contacto coa asociación no enderezo: ondas@pontenasondas.org
Descarga aquí o pdf que resume a información dos obradoiros de PNO!



[…] Queres un obradoiro na túa escola? Ponte en contacto con nós! […]
[…] Preme aquí se queres contactar para ter un obradoiro de PNO! na túa escola […]
[…] Seguimos realizando obradoiros de radio adaptados a todos os niveis e respectando o protocolo […]
[…] […]