Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas ondas! acreditada pola UNESCO como consultora de Patrimonio Inmaterial

Na 10ª sesión do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial celebrada en Windhoek (Namibia) do 30 de novembro ao 4 de decembro, a asociación converteuse na primeira entidade galego-portuguesa en ser acreditada como asociación consultora do patrimonio inmaterial.

A Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial recolle no seu artigo 11b que os Estados deberán contar coa participación das Asociacións para a identificación, salvagarda e definición do patrimonio cultural inmaterial. Para conseguir a acreditación da UNESCO, as ONGs deberán ter probada competencia, coñecementos especializados e experiencia na salvagarda do patrimonio inmaterial. Ademais, demostrarán ter como mínimo acreditados catros anos de actividades e presentarán unha descrición das experiencias en materia de cooperación coas comunidades, os grupos e os profesionais do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial).

Na Asemblea da ONU en xuño de 2016, ratificouse a acreditación de Ponte…nas ondas! como ONG consultora do patrimonio inmaterial.

Unha vez presentado o expediente na Secretaría da UNESCO, verifícase toda a documentación e apróbase o seu envío ao Comité Intergobernamental. Este comité somete os expedientes á aprobación e á súa vez, envíaos á Asemblea Xeral que ratifica a conformidade das recomendacións do Comité. O expediente de PNO! foi informado pola Secretaría positivamente, resultou aprobado polo Comité e foi referendado na seguinte Asemblea Xeral en xuño de 2016, onde se ratificou a acreditación de Ponte…nas ondas! como ONG consultora do patrimonio inmaterial.