CAMPUSCULTURAE
CampUSCulturae é unha aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e o pluralismo. Considerar a importancia das culturas (nomeadamente as minoritarias, máis acosadas por perigos que afectan á súa continuidade e pervivencia) parécenos unha oportunidade para manter a biodiversidade cultural do planeta, ofrecendo á nosa lingua e cultura a posibilidade de establecer procesos de retroalimentación con outros códigos lingüísticos e culturais.
Ponte…nas ondas! participa en CampUSCulturae xunto con estes socios europeos:
- minority Studies Society Studii Romani– Bulgaria
- Stofnun Vigdísar Finnbogadóttur í Erlendum Tungumálum – Islandia
- Uniwersytet Łódzki – Polonia
- CHE Consult GmbH – Alemaña