DÍA MUNDIAL DA RADIO

Ponte…nas ondas! celebra o Día Mundial da Radio acolléndose á proposta da UNESCO, ratificada en xaneiro de 2013 pola Asemblea Xeral da ONU.

Ponte…nas ondas! promoveu no seu momento o Manifesto das Radios Escolares que se fixo público o 13 de febreiro de 2014 con motivo do Día Mundial da Radio. O manifesto, apoiado por radios escolares de España, Portugal, Colombia, Brasil e Chile, reivindicaba unha canle de emisión e un apoio para estas iniciativas de comunicación que fomentan a participación dos xoves.

En 2015, a UNESCO adicoulle a celebración deste Día Mundial da Radio á xuventude e á radio e promoveu unha serie de accións destinadas a darlle visibilidade á participación da xuventude na radio.

Ponte…nas ondas! vén promovendo o emprego da radio nas escolas como unha potente ferramenta pedagóxica para que o alumnado desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.

Ponte…nas ondas! foi pioneira en demostrar as posiblidades comunicativas da Radio Escolar tanto no Ensino Primario coma no Secundario e Universitario, constituíndo un eixo transversal e vertebrador onde conflúen todas as áreas do ensino complementando e completando dun xeito eficaz o labor realizado dentro das aulas.

A radio é o medio da oralidade, o medio que máis contribúe a mellorar a competencia oral e comunicativa. É fundamental que a xuventude desenvolva estas capacidades na escola, nos medios de comunicación e nas redes sociais.

Para Ponte…nas ondas! a conmemoración do Día Mundial da Radio é unha unha boa oportunidade para convidar os centros educativos da Eurorrexión a participar nesta festa da comunicación radiofónica. Coincide ademais co ciclo do Entroido, unha das manifestacións máis representativas do patrimonio inmaterial galego-portugués, que ten sido traballado a través das ondas polas escolas da eurorrexión.

A directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, afirmou:

“A xuventude non está suficientemente representada nos medios de comunicación, e esta exclusión é con demasiada frecuencia un reflexo da súa exclusión social, económica ou democrática. Os xoves produtores ou difusores son aínda pouco numerosos. Escasean tamén os programas dedicados á xuventude e as emisións elaboradas por xoves. Este déficit explica os numerosos estereotipos sobre os xoves que circulan nos contidos editoriais e nas ondas.
A radio ofrece medios para o cambio.
É un vector de cohesión, de educación e de cultura.”

http://www.diamundialdelaradio.org

Día Mundial da Radio 2023: Unha xornada radiofónica por todo o territorio

Ponte...nas ondas! presentou unha xornada de comunicación para o próximo día 13 de febreiro, Día Mundial da Radio, que terá a radio como protagonista, en todas as súas modalidades.

Ponte…nas Ondas! convida os centros educativos a sumárense ao Día Mundial da Radio o 13 de febreiro

'Novo Mundo, Nova Radio', é a proposta feita pola UNESCO para esta X celebración do DÍA MUNDIAL DA RADIO en 2021.

Ponte…nas Ondas! celebra a diversidade

Convida ás escolas a sumárense á celebración do Día Mundial da Radio que a UNESCO promove en todo mundo o 13 de febreiro e tamén á celebración do 25 aniversario de Ponte...nas ondas! o 27 de marzo.

Celebra con Ponte…nas Ondas! o Día Escolar pola Paz e o Día Mundial da Radio

A UNESCO estableceu como tema para esta conmemoración “ O diálogo, a tolerancia e a paz “.

O “radiovisual” ábrese camiño: Unha nova Ponte nas Ondas! para celebrar o Día Mundial da Radio

Entre as nove da mañán e as dúas da tarde o alumnado do IES de Breamo de Pontedeume e o Agrupamento de Escolas Sidónio Pais de Caminha realizaron cinco horas de radio en directo retransmitidas a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS.

Este 21 de febreiro temos xornada especial en directo!

Desde o IES de Breamo de Pontedeume e a Radio Afifense de Caminha.

Traballo de equipo, ‘ fair play’, igualdade no deporte: este Día Mundial da Radio, mobilicémonos!

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Audrey Azoulay, por ocasión do Día Mundial da Radio no 13 de febreiro de 2018

Ponte…nas Ondas! convídavos a que vos sumedes á celebración do Día Mundial da Radio

Participa con nós ! PONTE...NAS ONDAS! convídavos a que vos sumedes á celebración do DÍA MUNDIAL...

A radio es ti! Participa con nós no Día Mundial da Radio!

O vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e Ponte...nas Ondas! estrea o seu portal Escolas nas Ondas, o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o ámbito da lusofonía.

Programación especial do Día Mundial da Radio 2016

Visita a nosa web especial do Día Mundial da Radio 2016

Convocatoria – Día Mundial da Radio

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca aos centros educativos galegos e portugueses de calquera outra procedencia, a participar no Día Mundial da Radio o vindeiro 13 de febreiro de 2016.

Convocatoria – Día Mundial da Radio

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca aos centros educativos galegos e portugueses de...

A participación do CEIP San Bieito de Lérez no Día Mundial da Radio

O programa de hoxe é especial porque conmemoramos o Día Mundial da Radio e contamos...

Web especial Día Mundial da Radio 2015

Podes consultar todas as emisións que realizaremos na celebración do Día Mundial da Radio 2015,...

Día Mundial da Radio – Nas Ondas do Entroido

Ponte...nas ondas! celebra o Día Mundial da Radio acolléndose á proposta da UNESCO que dedica esta...

Ponte… nas Ondas! conmemora o Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro Ponte...nas ondas! celebrou o Día Mundial da Radio cun acto organizado...

Manifesto Radios Escolares

MANIFESTO DAS RADIOS ESCOLARES O papel das tecnoloxías da información e comunicación é cada vez máis sobranceiro...

Día Mundial da Radio 2014 – AS RADIOS ESCOLARES MANIFÉSTANSE

O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio. PONTE...NAS ONDAS! e AIRE (...